17/12/11

A tartaruga que quería durmir


A tartaruga que quería durmir, publicado por OQO, é de Roberto Aliaga con ilustracións de Alessandra Cimatoribus. Divertido conto construído coas clásicas repeticións enumerativas dos contos para os máis pequenos e cunha linguaxe sinxela para perder o medo ao instante en que se debe marchar para a cama. As ilustracións son moi tenras e axudan a formar un todo moi convincente e humorístico.

A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...

2 comentarios:

  1. Pois vouno ter que procurar, xa que a historia ten moita semellanza co primeiro conto infantil que escribín:
    http://www.filix.org/prel/carlota.html
    Apertas,
    Miro

    ResponderEliminar
  2. Só que a esta non a deixan durmir! Grazas por vires até aquí, Miro. Apertas

    ResponderEliminar