Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/11

Band of Skulls - Fires

Un clip de animación para unha canción do grupo Band of Skulls. Realizado por Anton Octavian e Andrei Staruiala.




Vía

Google eBooks

Google eBooks from Buck on Vimeo

.

Publicidade

30/03/11

Muller e Química

Decidimos dende a Biblioteca unir ambas celebracións este mes: se o 8 de marzo é o Día da Muller Traballadora e este ano é o Ano da Química, nós propoñemos un percorrido polas Mulleres Químicas Premios Nobel, ademais dun achegamento á poesía de María Cegarra, primeira muller perito químico de España que instalou o seu propio laboratorio de análise de minerais. Por que María Cegarra? A escolla veu propiciada pola homenaxe que lle rendemos a Miguel Hernández co motivo do seu centenario: Miguel e María foron amigos e el adicoulle a ela algúns poemas. Teñamos en conta que María Cegarra non só era química senón que era poeta: os seus poemas químicos serven para encher os nosos corredores de fórmulas poético-químicas.




Como colofón, acudiu ao centro a ex-alumna Adriana Arca, enxeñeira química e investigadora da USC, que nos ofreceu unha amena charla que incluía a enerxía nuclear, tan no punto de mira arestora. Unha conferencia que resultou moi didáctica para todo o alumnado de Ciencias.


Ler na casa

O vídeo lembra que é a casa o lugar máis axeitado para crear lectores... despois leremos en calquera lugar, seguro.



Vía No solo libros

Dende Lleida amplíannos a información, con seis claves fundamentais.

El pájaro del alma


Recoñezo que estamos ante unha proposta totalmente diferente. Editado por Fondo de Cultura Económica, El pájaro del alma é do autor israelí Mijal Snunit con ilustracións de Nava Bouchaín, que -recoñezo- non me gustan moito. Ben, todo o libro déixame un pouco perplexa: non é o típico álbum que me entusiasme e vos recomende enfaticamente.
Un texto moi lírico e metafórico sobre a alma, ou sobre a moral e as emocións, que creo ten varias interpretacións.


Un día sen química

A voltas coa Química e a Muller no centro, hoxe propoñémosvos este vídeo que nos fala de que a química está máis presente nas nosas vidas do que coidamos:



Pero hai moito máis:

O ano de Lois Pereiro (IX)

Vídeopoema baseado no poema de Lois Pereiro "Curiosidade", do libro Poesía última de amor e enfermidade, realizado por Gerardo Rodríguez "Chere" e Jorge García-Valenciano con motivo do Día das Letras Galegas 2011 para o IES Campo de San Alberto.


"Curiosidade" from 310room on Vimeo.



Na Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández de Sarria:



Do 24 de marzo ao 27 de maio de 2011 poderase ver na nosa biblioteca a exposición de carteis feitos polo alumnado de 4º ESO en torno a Lois Pereiro.
Os carteis foron elaborados nas clases de Educación Plástica e Visual a comezos de curso grazas á iniciativa da profesora Mariel Méndez, quen deu así a coñecer ao seu alumnado a figura e obra de Lois Pereiro. A triste poesía inspirou moi ben aos autores dos carteis, que souberon transmitir o ton dos libros de Pereiro, especialmente o de Poesía última de amor e enfermidade.
Dende a biblioteca animámosvos a profundizar neste autor comezando polo actividade interactiva elaborada no CEIP "Condesa de Fenosa" de O Barco de Valdeorras, a quen lles damos as grazas por compartila.

Lembrade tamén o blogue para Lois Pereiro.

Quini, dende Valdeorras, ofrécenos esta liño do tempo sobre Lois.


29/03/11

Sperrholz piraten

Traballo de graduación de Stefan Schomerus de la "Filmakademie Baden-Württemberg" en Alemaña.

Sperrholzpiraten/Plywoodpirates (subtitled) 17min from Stefan Schomerus on Vimeo.



Vía

ABCdario


Nórdica Libros ofrécenos este fermosísimo ABCdario de Antonio Ventura con ilustracións de Noemí Villamuza. Unha volta á infancia da man da arte poética, tanto grazas ao texto como ás ilustracións: o texto agasállanos un sorriso e as ilustracións devólvenos a ledicia pintada en vermello.
Un libro deses ao que volves para follear de cando en vez, delicado e delicioso.


La manta de Jane


Foi toda unha sorpresa descubrir que unha editorial como Tusquets tamén publica este álbums tan fermosos. E non só iso: o texto é de Arthur Miller! Así que La manta de Jane conta, en principio, cun valor seguro: un autor así non pode decepcionar. Abofé que non o fai: o libro contén ademais delicadas ilustracións de Al Parker. Unha historia común, a querencia por algo que se ten dende bebé, serve para falar de crecemento e maduración, do paso do tempo, da lene necesidade de comprender que nada é indispensable. Todo é amable e encantador, suave: tanto o texto como as ilustracións. Unha alfaia.

Primeira aventura da Muller Lamprea

Parabéns a este alumnado de 1º de ESO: alucino co seu fantástico traballo creativo!

Condenados a morrer

Amnistía Internacional informa de que nos últimos dez anos, un total de 31 países puxeron fin á pena de morte. Pero aínda quedan moitos países onde se practica:


28/03/11

Argine (ou soñar cos libros)

Argine-HD from jujube on Vimeo.



Vía

Chico & Rita


Pouco podo dicir deste cómic que non teñades lido por aí, porque o que ten sona é o filme -que non vin: este tipo de cine non chega ás vilas como a miña-, pero como teño entre mans o libro, publicado por SinSentido, si quero afirmar o moito que me gustou: Unha novela gráfica de Javier Mariscal e Fernando Trueba que é unha preciosidade tanto de edición como de contido. Mágoa de banda sonora!
O curioso resulta que este libro é o resultado do filme, e non ao revés, como vén sendo o habitual. O argumento sabédelo sobradamente, con saltos no tempo e cun mesmo amor que aparece e reaparece: destacan os sedutores debuxos, de liñas claras e moi reais. Se ledes o cómic, quedaredes con ganas de ver a peli, seguro. Algo que tamén resulta curioso, posto que isto tampouco adoita suceder.



Feren as palabras

Recollo dende o BlogFesquío este documento visual contra o Bullying:

27/03/11

The Spate



Vía

Un papá a la medida



Vén de saír tamén en miniálbum, e é unha preciosidade, coma todos os álbums de Edelvives, por outra parte. Un papá a la medida é de Davide Cali con ilustracións de Anna Laure Cantone: As ilustracións son divertidísimas e o texto é dunha tenrura sen igual: sobre todo porque o mellor papá é aquel que nos le polas noites e non cansa de facelo. Encántame!

Un papá a la medida from Los Animantes on Vimeo.

El niño que mordió a Picasso



Unha historia real contada por Antony Penrose e editada por Siruela: El niño que mordió a Picasso presenta moitas obras de arte de Picasso mesturadas con fotografías en branco e negro que son todo un documento histórico.
Anthony Penrose era fillo da fotógrafa Lee Miller e o pintor Roland Penrose, vivindo rodeado de creadores famosos, entre os que se topaba Picasso, un home a quen lembra con cariño porque lle gustaba xogar cos nenos. Conta como pola súa casa en Sussex (Farley Farm) pasou este personaxe e as lembranzas que del conserva.




"...olía a colonia y a cigarrillos Gauloise. Era muy bueno jugando con los niños, sobre todo a las corridas de toros; aunque era mayor, porque ya tenía 60 ó 70 años, era una persona muy cálida y cercana. Una de las veces que estábamos jugando juntos le mordí y él me devolvió el mordisco y cuando dejé de llorar, Picasso le dijo a mi madre 'Es el primer inglés al que muerdo..."


Non á violencia contra as mulleres (CXCV)

No blogue Poesía visual contra la violencia de género podemos atopar cousas coma estas:








Alí hai moitas máis.


26/03/11

Manfred

'Manfred' an animated short by Arjen Klaverstijn from Arjen Klaverstijn on Vimeo.



Vía

Sempre volven á biblioteca!!!

Unha aventura gráfica animada de Kick Buttowski… “La bibliotecaria es malvaadaa… es maalaa.. se queda con todo lo que le devuelven”.




Vía

Poe mitos


M1C publica Poe mitos de Pepe Maestro con ilustracións de Alicia Gómez Molina. Un álbum diferente no ritmo que recolle a tradición oral africana. Dividido en dúas partes, ambas envólvennos na maxia da palabra e do silencio, das repeticións e dos mitos que invitan a contar ou mesmo a cantar, pois o texto semella unha canción á que non é difícil poñerlle ritmo. As ilustracións rebordan sensibilidade e cor, que abraia o lector pola súa forza narrativa.
A mensaxe é precisa: salvemos o mundo. Se aínda é posible...

"Al principio los seres humanos no sabían hablar.
Estaban en silencio.
Sabían reír y llorar.
Pero no hablaban".

Colorete Y Quitasueño

Chamoume a atención un comentario no Facebook de Marcos Calveiro que dicía así:
Dixen moitas veces que moita da mellor literatura de hoxe en día está na novela grafica. Pois ben, do mellor da literatura en castelán do 2010 está nesta canción. A súa música tamén, pero escoitade con atención está historia. Unha alfaia.

Esta é a canción:



Grazas, Marcos, polo agasallo.

25/03/11

Le Souffle Extraordinaire

Luc Besson dirixiu esta curta de animación para unha publicidade de Renault.




Vía

Nada


Seix Barral publica Nada, de Janne Teller, unha libro completamente estarrecedor e calafriante que nos deixa a alma completamente encollida con tan só 150 páxinas cheas de simboloxía. O curioso é que chega a España despois de dez anos polémicos no norte europeo polo seu contido e mesmo prohibición. Eu descríboa como estarrecedora porque encerra unha historia violenta a partir dunha pregunta máis ou menos casual: que é o realmente importante? Que ten significado? Pero, claro, unha serie de nenos e nenas que buscan a solución a tal pregunta deciden pasar por todo tipo de humillacións, sacrificios e mesmo violacións, o que resulta realmente demoledor. Como demoledora é a resposta da sociedade adulta que pretende ver arte.
Non é un gran libro, coido, pero si resulta de lectura interesante. Máis sabendo que "é perigoso". Unha alegoría do noso comportamento ante o que non sabemos? Se o resultado é este, a violencia, medo dá.
Totalmente desesperanzador.


Pantalóns asasinos

A moda da roupa vaqueira desgastada está a custar centos de vidas e miles de enfermos en países como Bangladesh, China, Pakistán ou a India, onde se elabora a maior parte desta indumentaria que chega a Europa.
A aperencia de desgaste conséguese na maioría dos casos mediante a perigosa técnica do 'sandblasting', consistente en aplicar un chorro de auga e area sobre a tea vaqueira. Este método, prohibido en Europa en 1966, xera unha nube de sílice que envelena os pulmóns dos traballadores.
A silicose é unha enfermidade profesional ocasionada pola sílice da area, moi coñecida na minería, pero aínda non recoñecida dentro da industria téxtil. Os mineiros tardan 20 anos en presentar esta enfermidade; os traballadores do 'sandblasting', porén, caen enfermos en só 6 meses. Por iso, a campaña 'No sandblasting', de Ropa Limpia, cre urxente que a OMS e a OIT inclúan o sector téxtil no seu Programa Internacional sobre a Eliminación da Silicose Mundial (se premedes na segunda ligazón poderedes asinar)




Existen outras técnicas para desgastar vaqueiros que non ameazan a saúde das perosas que os producen, pero coma sempre, a razón é económica: son máis caras.

Vía El ventano.

24/03/11

Fixed

Simpática curta realizada por Jeffrey Thompson, durante o seu curso de animación na Sheridan College.


"Fixed" 2010 from Jeffrey Thompson on Vimeo.



Vía

Mexillóns para cear

Moito máis ca interesante é este libro que podemos gozar na nosa lingua grazas á editorial Rinoceronte: Mexillóns para cear de Birgit Vanderbeke. Un relato longo ou unha novela curta que deixa sen alento e que se le así, toda seguido, posto que a forma de contar é unha espiral que envolve o lector para aspiralo e medrar con el: cantas cousas se agochan detrás das palabras, sentimentos, accións, medos, violencia...!
A obra envolve, como digo, xa que as palabras reiteradas da narradora-filla con saltos continuos do tempo -pois o que vemos é o resultado do seu pensamento e os seus recordos- ademais da continua presenza do momento da cea que non chega, e sentimos a mesma anguria que a familia, non a anguria por saber o que vai pasar, senón a anguria de saber o que tiveron que pasar, a tanto ditactorialismo e a tanta recriminación. O ritmo é impresionante e moi axeitado. Diferente.
Novela xuvenil? Dende logo, moi diferente ás nosas. Eu, polo pronto, xa a propuxen no club de lectura. A ver como resulta. Ao meu entender, boísima.
Así que, novamente, grazas Luz pola recomendación.

Maltrato sutil

Moi boa curta que nos fai reflexionar sobre a importancia de ser un mesmo, sobre a personalidade que debemos manter e non depender dos demais. Porque a beleza está no noso interior.




Vía

23/03/11

The Light At the End



Vía

Florentino, o príncipe Quino


Divertida "cochinada" a que propón Xerais con Florentino, o príncipe Quino de Gloria Sánchez con ilustracións de Xan López Domínguez. Un cocho moi limpo que non debería selo e unha cocha moi porca que tampouco está ben vista: un canto ao respecto do "ser diferente".
A min paréceme unha boa proposta de lectura: un mundo ao revés que ama todo o que nós rexeitamos pero que causará sorpresas ante tanta inmundicia: nun ar irrespirábel os corrichos desexan vivir; gústame esa sensación de unidade do país cun príncipe que anceia oler as flores e andar limpo, así como aprender cousas diferentes que non están nos libros "impostos": a sublevación de Quino é unha metáfora marabillosa de liberdade.
Claro que ao final descubriremos que tamén hai reinos onde impera a limpeza. Pero o máis importante volve ser o amor: ese que pasa de diferenzas e todo o perdoa, non porque polos opostos se atraian senón porque a soidade nunca é boa conselleira e tod@s necesitamos unha compañía que nos acaia e que nos lembre que non sempre temos a razón.
As ilustracións, moi típicas de Xan, son máis lenes que o propio texto, funcionan como contrapunto á lectura dándolle un toque de imaxinación que vai máis alá da palabra escrita.

A sesta dos Enormes


A verdade é que este álbum foi un dos que máis me gustou das últimas novidades de OQO, xunto con "O tren", claro. Encantáronme as ilustracións, tan cheas, a historia, a súa fantasía e a tenrura que desprende. A sesta dos Enormes con texto de Pep Bruno e ilustracións de Natalie Pudalov recórdanos a importancia da hora de conto para durmir os nenos. Varias historias dentro dunha historia magnífica que calquera pode contar, porque para iso está a maxinación, non? Para iso... e para protagonizar os propios fillos o conto, que mellor!
Precioso. A profusidade das ilustracións, os pequenos detalles, o colorido, a imaxinación e mesmo o surrealismo que despregan faranvos comprobar que iredes máis dunha vez a contemplalas.

Charles Fleischer

Sobre astronomía, xeometría, retratos de científicos en selos do mundo... a cargo dun actor e monologuista que imita voces de extraterrestres. Para rir a esgalla:


22/03/11

La estrella alcanzar

Vimos no blogue da biblio de Malpica este filme pertencente ao Plan Nacional de Fomento da Lectura do Goberno de Chile que conta unha historia de amor e esperanza na que os libros e a lectura teñen moito que ver.






Beat-box: o quinto piar do hip-hop


  
O pasado venres 18 de marzo recibimos no CPI Don Aurelio do beat-boxer cercedense Carlos Gende que lles explicou ao alumnado da ESO a orixe e historia desta forma de percusión vocal baseado en facer música e outros tipos de son coa única axuda da boca, os beizos, a lingua e a voz.
No seguinte vídeo podedes ver unha entrevista que pode servir de resumo de todo o que nos estivo a falar.
m

O que si vos podo asegurar é que a todos nos deixou coa boca aberta coas súas demostracións... e ata algún ousado fixo os seus primeiros intentos!!

E a modo de exemplo aquí tedes a versión do himno galego feito en beat-box co que gañou o 1º premio no 123click.org organizado polo Concello de Vigo.

Un conto cheo de lobos


Cheíño, cheíño está este conto, certo é, de lobos. Lobos grandes e lobos pequenos, lobos durmidos e lobos espertos, lobos xigantes e lobos ananos... Un conto cheo de lobos de Roberto Aliaga e Roger Olmos, publicado por OQO, é un divertido conto sobre un manda de lobos que, máis ca nada, ten fame. Pero por moita fame que se teña, ante todo hai que ser "persoas" e non comer a calquera, así que a intelixencia é máis poderosa e podemos saltar de páxinas.
Divertido texto que solicita a intervención do lector atento á paxinación cunhas ilustracións cheas de ritmo, frescura e cor, tal como nos ten acostumad@s Roger Olmos. Atent@s, pequen@s lectores, aquí están reunidos os lobos de todos os contos... e ademais... abúrrense!; agardan a que os chamemos.


Como cambiamos

Este documental repasa os cambios na sociedade española e a súa evolución a través do tempo. A educación nestes 60 anos.



Cómo hemos cambiado - El colegio




Vía

21/03/11

(Notes on) biology

Para aqueles que debuxan nas marxes e onde poden:


(notes on) biology from ornana films on Vimeo.



Vía

Purga

Xa sabedes que me encanta buscar un só adxectivo para definir cada novela, o que non resulta doado nin seguramente axeitado. Pero hoxe voume quedar cun: "sobrecolledora". Así é a lectura desta novela que vos recomendo mil veces, do mellor que teño lido ultimamente. Desas que che deixan mastigando varios días, remoendo o lido, analizando, repasando e explorando. Desas que colles o teléfono para comentala coa Paramio, que escribes a Xabi para reclamar a súa opinión, que necesitas espallar porque non queres cavilala máis a soas. Ideal, supoño, para un club de lectura.
Estou a falar de Purga de Sofi Oksanen, editada por Salamandra. Un libro que nos fala sobre todo de supervivencia. Cando rematei a lectura, volvín ao título, para comprendelo en toda a súa intensidade.
Todo o libro está impregnado dunha poética que pode chegar a ser incomprensible pola temática; e aínda así, conséguea, con esa prosa sinxela e breve, chea de ritmo. Iremos da súa man a Estonia, á guerra dos Balcáns, á ocupación nazi, á invasión comunista de Stalin, ao tráfico de mulleres... e a nivel persoal darémoslle a man a todo tipo de humillacións, vexacións, medos, e ata amores. As páxinas farannos cambiar de escenarios, de datas, mais non de instinto de supervivencia. Que é, seguramente, o tema da obra: o que somos capaces de aturar por seguir vivindo. (Algo ao que sigo a lle dar voltas).

Di Xabi que o que máis lle gustou foi o debuxo da personaxe principal (a vella): un ser capaz, ao mesmo tempo, de grandezas e de miserias. É un ser anodino, vulgar, pobre e sinxelo. Moi real. Por iso resulta tan entrañable... Tamén me lembrou que hai un capítulo moi especial: non podo estar máis de acordo con el. Ese de torturas e evasións. Para non esquecer xamais.

Árbore poética

Hoxe é o Día da árbore e tamén é o Día da Poesía, de aí o nome do post. Imposible atender a tanta efeméride, polo que xuntándoas podemos acudir ao poema "O carballo" de Gonzalo López Abente, un poema que lembra no noso centro que hoxe é este día xunto ao bosque que chantamos no chan:







Non esquezades ler o artigo de Bragado sobre o Día Mundial da Poesía.

Para Poesía, Poesía, dade unha volta polos blogues das Bibliotecas Escolares: atoparedes de todo.

O ano de Lois Pereiro (VIII)

Presentación do libro Fotobiografía sonora, editado por Editorial Ouvirmos no café Borrazás, A Coruña.





En Son de poetas, poesía musicada de Lois Pereiro.

20/03/11

Que pasteleiro!



Vía

A visita dos domingos


Unha das últimas propostas da editorial OQO é A visita dos domingos de Matteo Gubellini, álbum que responde á ledicia dunha nena por poder compartir os domingos cun monstro moi simpático e cariñoso que a ela non lle provoca medo ningún, máis ben todo ao contrario. Claro que ao final entenderemos o porqué.
Aínda que recoñezo que as ilustracións non me encantan, como ocorre noutros álbums, este achega a figura do pai como factor determinante tamén na educación e na imaxinación... mágoa que só sexa un día á semana.

A mansión dos Pampín

Un traballo do alumnado do IES Ferrolterra sobre o cómic de Miguelanxo Prado co mesmo título: A mansión dos Pampín. Un libro que serve para reflexionar sobre o Dereito a unha vivenda digna, sobre o pouco amor polo noso, o escaso respecto polo noso patrimonio histórico e cultural, da especulación e da pouca ética dos construtores. A incultura como mai de todos estes males.

XEl10 - IES Ferrolterra (Ferrol): “A mansión dos Pampín” from Proxectoterra on Vimeo.



Vía


Non á violencia contra as mulleres (CXCIV)

Directamente dende O Demo me leve:

19/03/11

Marea

Curta animada con stop-motios de Pablo Delfini: "O mundo dos soños pode ir e vir como a marea".

Isto é unha biblioteca

Dende Lleida, grazas Montse:

Tres han de ser


A editorial OQO ofrece este fermoso álbum, Tres han de ser, con texto de Gonzalo García "Darabuc" e ilustracións de Fátima Afonso. Unha reinterpretación dun conto popular que nos sorprende polo seu contido e polo desenlace: a muller como indiscutible protagonista, tanto na figura da nai como na figura da filla. Unha volta aos mitos clásicos e unha achega ao mundo feminino.

Pola noite, a nai recolleu as cousas e deixou un círculo de catro copas na mesa. Estivo mirando para elas durante moito tempo, ata que de repente encolleuse de ombreiros e marchou. Os que a viron marchar contan que sorría.

Cambiando

Para facer tantos cambios, cómpre ter poucos libros:



Vía

18/03/11

The Move

Curta dirixida por Mandy Smith, deseñadora experta en traballar o papel.

The Move, Paper Animation from Mandy Smith on Vimeo.



Vía

Marcos Calveiro en Forcarei

Este mércores Marcos Calveiro agasallounos coa súa presenza, e coa súa xenerosidade. Nada menos que tres sesións diferentes para o alumnado do IES Chano Piñeiro: 1º, 2º e 4º de ESO puideron gozar da súa presenza e da súa lección de vida, posto que falamos de guerras, de bioloxía mariña, de historia, de Oriente Medio, de Van Gogh, de arte, de viaxes, de libros, de ladróns e asasinos, de avogados, de falar galego en Vigo...
Grazas pola túa xenerosidade.

Kassunguilà


Kassunguilà é un álbum completamente diferente, estraño, mesmo enigmático. Que se agocha detrás deste título? Publicado por Fondo de Cultura Económica, a súa autora é Monique Zepeda. É mesmo un álbum surrealista, soñador, ata o formato chama a atención. Porque con el mergullaraste nun océano que é fraga que é ceo que é... que máis dá? O caso é transportarse e soñar, buscarse a si mesmo e atoparse.
Ah! Para lelo as páxinas teredes que pasalas de arriba a abaixo porque hai que xiralo...


Temple Grandin

Temple Grandin é autista e aquí fala de autismo, educación, ciencia e sistemas de condución para o gando nas granxas. Case á vez. Da súa vida vén de se escribir un libro recentemente.


O ano de Lois Pereiro (VII)

Este Román, que non para: agora un cartaz dixital sobre a figura das Letras...:

17/03/11

Adolescencia?

Curtametraxe de Alexander Gellner na que en pouco máis dun minuto se resumen distintas vivencias que sofre ou pode sufrir un xove durante a adolescencia.

La cripta de invierno

Gustoume moito este libro de Anne Michaels, La cripta de invierno, publicada por Alfaguara. Unha novela que transmite sensibilidade por todos os lados, que semella mesmo que pode estragarse algo mentres avanzamos na súa lectura. Unha lectura que esixe na súa rotundidade concentración e pausa. Porque estas cómpren para cavilar en todo aquilo que impregna e evoca cada palabra e cada situación que estamos a ler: o desarraigo, a necesidade de amor, a penuria, a soidade, o lamento, a dor, a contemplación, a guerra, o éxodo... todo isto é máis resulta imprescindible na novela, sen artificios que poidan desconcentrarnos: todo está exposto e a nosa mente vagará insensata sobre a extrema sensibilidade dos protagonistas, poñendo nós o final que desexamos. Iso si, tendo presente, tal como queda claro na novela, que o paso da felicidade e do amor á traxedia é a dor é mínimo. Tan pequeno que ás veces nin nos percatamos de que se produciu o cambio ata que os sentimentos nos dominan.

Curiosamente, lendo esta novela tamén aprendín sobre libros pop-up que se facían en Europa a comezos do século XX. Busqueinos e ata hai algún vídeo. Déixovos nomes para quen queira procuralos: "Cuentos de Bookano", "anuarios del Daily Express", Vojtech Kubašta, Ernest Nister, Meggendorfer. Segundo parece, moitos destes enxeñeiros do papel tiveron que deixar de traballar en Alemaña por causa das guerras. Unha lección de historia en forma pop-up!

Tamén vos deixo un anaco do libro que me encantou:

He estado leyendo sobre la lluvia. Ese olor tan absolutamente distintivo, de cuando empieza a caer la lluvia... Hay dos científicos que lo han analizado. Lo han llamado "petricor", a partir de la raíz griega de la palabra piedra, más la "sangre" que fluye por las venas de los dioses. Es el olor de un aceite que producen las plantas a medio pudrir, sometidas a la oxidación y a la nitratación, y resulta de una combinación de tres componentes. Las primeras gotas de lluvia llegan a la piedra o a la acera, y liberan este aceite de las plantas, que nosotros olemos cuando comienza a ase arrastrado por el agua. Sólo lo podemos oler cuando el agua lo empieza a diluír.

Un libro que vos emocionará.

Aprendendo a CDU

O Grupo de Traballo da Biblioteca do IES Fontem Albei de A Fonsagrada realizou este lipdub como unha actividade para a Formación de Usuarios co obxectivo de explicar a C.D.U. Este traballo serviulles, así o afirman, para lograr a implicación da comunidade educativa nun proxecto común e fomentar a participación e o bo ambiente entre todos e todas. Así o describen:

Despois de moitas horas ensaiando, horas pedidas aos compañeiros/as e moitos recreos "perdidos", no instituto da Fonsagrada temos o noso primeiro lipdub. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar non queríamos facer un lipdub por facer senón contar unha historia (aproveitando as novas tecnoloxías), a historia dun libro esquecido que tras percorrer boa parte do centro retorna ao seu lugar natural: a biblioteca. Aproveitamos a historia para, ademais de dar a coñecer o centro e potenciar a biblioteca, recordar a CDU mediante a asociación de imaxes, números e cores, en definitiva, facer formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atrás" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuízos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema).


16/03/11

Walking on by

Curta de Theodore Ushev que amosa que non somos máis que o que camiñamos, que "somos parte do camiño" e que detrás virán outros que seguirán camiñando.





Vía

O Libro

Boísimo. Boísimo. E aínda podería repetilo novamente.
Este "trailer" foi creado polo Canal de Consejo de Comunicación de México. Non o perdades.



Vía No solo libros

Como todo lo que nace



Outro álbum ilustrado para abordar o tema da morte: Como todo lo que nace é de Elisabeth Brami con ilustracións de Tom Schamp, publicado por Kókinos. Curiosamente, chama a atención o xeito de explicalo neste caso: é inevitable que todo o que nace morra. Tanto sexa no mundo animal coma no vexetal: por iso a morte é un proceso natural que todos debemos admitir a ao que non debemos temer. As imaxes son visualmente moi chamativas, de cores moi vivas, e en todas elas hai unha especie de interrogante que a modo de director de orquestra dirixe todas as páxinas do libro cunha mesma fin, e iso que o espírito da creación, da vida, está presente xunto coa morte en todo momento.



Como la manzana encarnada y brillante

que, poco a poco, se arruga hasta pudrirse.

Como la flor perfumada que al atardecer inclina la cabeza

y, uno a uno, deja caer sus pétalos.

Como la hoja verde que, en otoño, enrojece,

se arremolina con el viento

y luego cruje bajo nuestros pasos.

Como el pájaro que trinas,

salta y revolotea,

y un día encontramos

tendido junto al camino.

Como la trucha de escamas plateadas

que ayer nadaba en el agua clara

y que hoy permanece inmóvil

en el mostrador de la pescadería.

Como la hormiguita que corría

hacendosa a su trabajo

y que un dedo travieso

acaba de aplastar.

Como el conejillo que se frotaba

con gracia los bigotes

y que no hemos podido curar

de su terrible enfermedad.

Como todo lo que nace,

como todo lo que está vivo...

…un día también a nosotros se nos acabará el tiempo

y ya no estaremos aquí.

¿Y qué pasará entonces? ¿Qué habrá después?


Eso, nadie en el mundo lo puede saber.


Tecnoloxía e modernidade

O único que espero é que isto non se convirta en realidade, porque, de ser así...

Segundo esta teoría, así iremos de compras...


... e así serán as aulas do futuro!!!

15/03/11

Sechu Sende en Forcarei

Onte á mañá acompañounos Sechu no IES. Falou co alumnado de 3º e 4º de ESO de prexuízos lingüísticos, fixo maxia, amosou os seus dotes adiviñatorios, leu a Lois Pereiro, abraiounos cos seus debuxos, fíxonos rir... e conquistounos definitivamente.
Tamén contou esta historia.

036

En calquera lugar



Vía Miguel Calvillo chegamos a esta fermosa fotografía que nos transmite o mellor da lectura e dos soños.


Tío Lobo


Tío Lobo é un conto popular adaptado por Xosé Ballesteros e ilustrado por Roger Olmos, publicado por Kalandraka. Un libro para falar de mentiras e traizóns, mesmo de egoísmo.

Nontodovanserlibros (XL)



D
escubrinos nunhas festas patronais, nun concerto dos moitos que adoita haber nos veráns galegos, e o que máis me chamou a atención deles foi a súa proximidade e empatía co público. O seguinte paso foi bucear entre a súa música, as súas letras e o seu son psicolélico. E aí foi onde descubrín que nas súas orixes alá por finais dos noventa empezaron cantando integramente en inglés, que foron a banda sonora de varias campañas publicitarias e que, ao meu entender, teñen un dos mellores discos que escoitei ultimamente e do que estou totalmente prendado (Costa azul, Sony, 2007)

É posible que algún de vós descubra a partir de hoxe a Marc Ros, Jesús Senra e Alex Pi: Sidonie.


Coca-Cola 125 aniversario

Coma decote, Coca Cola chama a atención publicitándose:


14/03/11

Xadrez

video

Otar


Seica os verdadeiros perfumes deben ir en frascos pequenos. Pois o mesmo ocorre con este pequeno libro: é unha xoia en si mesma. Cando o vin, así de pequerrecho, chamoume a atención; estaba pendente das novidades de Barbara Fiore, pero non agardaba isto: non me fixara nas medidas que a web da editorial nos ofrecía. E, claro, ábrelo e quedas pampa: as ilustracións provocan un chimpo.
Estamos a falar de Otar de Kaatje Vermeire. Ides alucinar con el, seguro. Un libro que nos fala dun estraño paxaro que voa, ou non, que quere ser o mellor, ou non...


El pájaro negro


El Pájaro Negro é de Suzy Lee. Con isto xa digo bastante, non si? Sempre nos abraia esta autora-ilustradora en cada un dos seus libros. Neste fálanos de soidades, de tristuras, de amizades estrañas, de voos (de soños, finalmente) que podemos facer para fuxir da nosa propia realidade. Ou para lembrarnos que esta non sempre a provocamos nós: un soño que nos axude a nos reencontrar, a contemplar os problemas dende outra perspectiva. Un voo inesquecible da man dunhas ilustracións que nos lembran outros libros de Suzy Lee: trazos en branco e negro cheos de intensidade expresiva.
Edita Barbara Fiore.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.