Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/11

Tanks for Nothin'

Aínda que non é nadal, pero si fin de mes, hoxe traemos esta curta que foi proxecto fin de carreira da California State University de Joshua Armstrong .

Tanks for Nothin' from Joshua Armstrong on Vimeo.



Vía

¿Qué me pasa, Ntumba?



¿Qué me pasa, Ntumba? Cuentos sobre enfermidades olvidadas (Tuberculosis, Mal de Chagas, Kala Azar, Enfermedad del sueño, VIH/SIDA, Malaria) é un libro publicado por Icaria Editorial e impulsado por Médicos sin fronteras. Con Contos de Feli Ibáñez, ilustracións de Mariona Cabassa e fotografías de Juan Carlos Tomasi. Seis historias para lembrar que o que para nós é unha simple vacina para outros é un camiño seguro á morte temperá, e que para axudar a combatelas temos que lembralas, volvendo a mirar onde debemos. A contadora dos contos é Ntumba, quen expelica o que é a solidariedade e transmite unha mensaxe de esperanza.





Non á violencia contra as mulleres (CCXIII)

Recollemos do blogue do Equipo de Normalización Lingüística do IES de Viós esta entrada que fixeron no seu día:
O Consorcio das Mariñas súmase aos actos que hoxe se celebran en todo o mundo para manifestar o seu NON! á violencia de xénero. Hoxe, 25 de novembro, presentaron este vídeo dentro da campaña UNHA SOA VOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

30/07/11

Jali

Este é o último videoclip de Jali, e o seu single Española: un bo traballo de animación de ChezEddy.

Revolución

... de lectura estival




29/07/11

Canon's Project Imagin8ion

Publicidade para Canon e o seu proxecto Imagin8ion



Vía

Ser quinto


Ser quinto é un álbum ilustrado infantil publicado por Lóguez de Ernst Jandl con ilustracións de Norman Junge. Unha lista de espera para entrar no médico duns monecos enfermiños -pingüín, pato, oso, ra...- que saen sans logo de estar co doutor. Trátase, sobre todo, de perder o medo ao médico que todos on pequerrechos senten. Ilustracións cheas de tenrura e luz con moi pouco texto; o máis destacado son as caras e as posturas dos que agardan a entrar no médico: vese claramente o seu temor e a expectación antes de entrar. As ilustracións están tan ben conseguidas que o lector sabe "entrar" e "saír" á consulta con cada paciente, xa que dá a impresión de que ata luz oscila cos seus movementos.

28/07/11

Plus Minus

Segundo proxecto de Gnomon Studios. Está dirixida esta curta por Shane Acker e Aristomenis Tsirbas.



Vía

Area fai seis


Con ilustracións de plastilina de María Noel Toledo e texto de Araceli Gonda, Area fai seis está publicado pola editorial Galaxia. Unha historia moi simpática dunha nena que vai estar de aniversario e pensa que os seus pais non lle van facer unha bonita festa por ese acontecemento, levando unha gran sorpresa. Porque as cousas máis importantes non son aquelas que saen dunha tenda, senón as que saen de dentro. Moi orixinal sobre todo o feito de seren ilustracións de plastilina que causan un efecto completamente diferente ao acostumado. Ademais, a cor inunda por completo o libro, dende o principio ata o final, contracapa incluída.

27/07/11

Umbro Blackout

Publicidade para a marca deportiva Umbro dos estudos Buck.


Umbro Blackout from Buck on Vimeo.



Vía

Vou ter un irmán!!!


Publica Galaxia este álbum ilustrado (por fin!) de María Solar con ilustracións de Xosé Tomás: Vou ter un irmán!!!. Unha entrada que dende aquí vai ir dirixida ao meu colega Anxo porque o seu fillo estase a topar nunha situación semellante, mesmo o nome pode chegar a coincidir!
É un álbum fermoso, tanto polo texto como polas ilustracións, pero paréceme que non ten o acabado que debería; non sei se é debido ao papel -non entendo de edición- pero o resultado final creo que non é o máis axeitado, o que constitúe por si mesmo unha mágoa: poderiamos estar ante un álbum delicioso pero non chega a ser luminoso, non sei se me explico.
A dozura do texto destaca a carón dunhas ilustracións enxeñosas: a chegada dun bebé a unha familia non ten por que ser un trauma para a súa irmá se esta participa do día a día tal como nos sinala o texto.
Parabéns a esta editorial por retomar os álbums, botabamos de menos a colección que comezara con Unha chea de familias que coido mellor editada.

26/07/11

Tooth Fairy Affair

Curta de animación tradicional con papel e lapis, realizada por Izabela Melamed.

Tooth Fairy Affair from Izabela Melamed on Vimeo.



Vía

O peixe vermello



Este non é un libro: é unha obra de arte en forma de libro. E isto é posible grazas á Faktoría K: a autora é Taeeun Yoo, e vén de nos deixar completamente fascinad@s, tanto pola historia en si como polas ilustracións. Claro que tiña moito camiño adiantado tratándose dun libro sobre libros... pero este é incrible! Unha aventura mesturada de soño e realidade nun mundo libresco, unha sensibilidade oriental que deixa pegada, unha complicidade co lector de calquera idade, unha maxia oriental... todo mesturado e velaí a obra artística da que vos falo: O peixe vermello. Non permitades que se vos escape: apresádeo ben forte e tédeo nos vosos andeis, porque sentiredes a necesidade de tocalo de cando en vez. De abrilo xa non digo nada: dáse por feito.





Cinco

Cinco razóns polos Cinco:

25/07/11

Que é debuxar?

A ilustradora Montse Ginesta amosa que é debuxar nun vídeo que mestura animación e imaxe real.



Montse Ginesta / Dibuixar és.... from jordi teixidó on Vimeo.

Tipografía para disléxicos

A tipografía "Dyslexie" acentúa as diferenzas entre unhas e outras letras. Así reduce a posibilidade de confundir unhas con outras, especialmente as que son semellantes entre si e mesmo aínda que se xiren mentalmente.
Segundo a Universidad de Twente, nos Países Baixos, o uso desta tipografía reduce os erros de lectura en disléxicos.




Vía Microsiervos

24/07/11

DirecTV MRV

Boísima esta publicidade da axencia Grey de New York para DirecTV MRV.



Dime como marcas...

... e direiche como es!:

Non á violencia contra as mulleres (CCXII)

A discriminación xera violencia:

23/07/11

Orange Tiny Top Ups

Simpática publicidade creada por A Large Evil Corporation, para promocionar unhas novas tarifas de Orange en Reino Unido.


Orange Tiny Top Ups HD from A Large Evil Corporation on Vimeo.



Vía

La Razón Blindada


Fun este xoves á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Vou cada ano, sempre que podo, cando menos unha vez. Gústame estar no auditorio do castelo, petadiño de xente, baixo as estrelas, gozando de ver bo teatro. E tiven sorte desta volta. Vaia se a tiven. Encantoume a obra: La Razón Blindada, de Arístides Vargas, intepretada por Arístides Vargas e Gerson Guerra. A mágoa que teño de non contar co texto! Dous presos que foxen cada domingo coa imaxinación, porque esta é o único xeito posible de non pensar na realidade na que viven. A literatura como única arma posible ante uns barrotes imposibles de franquear: De la Mancha e Quijote representan os seus papeis sobre a marcha, porque non lembran o texto literal, e van saíndo ao paso. Con frases contundentes sobre os políticos e sobre os humanos, os espectadores conmovémonos e rimos cando cada domingo se xuntan nesa necesidade de fuxida que medra sen parar, e sen fin. Porque a dor, os malos tratos, a dureza das súas vidas que adiviñamos detrás e que eses presos vives todos os días da semana agás ese momento dos domingos, son esquecidos para xogar coa imaxinación e a literatura. Porque ata o máis incrible pode ser aceptado neses momentos de lecer: converterse en calquera personaxe é doado, en can, en cabalo..., pasear polo deserto, ou pola chaira... só compre viaxar coa mente, porque é o único xeito de supervivencia.


Franco, indignado

Humor para comezar a fin de semana:



Vía

22/07/11

Blenderstein!

Curta realizada por Zach Bellissimo para o segundo certame de curtas de estudantes de Cartoon Brew. Unha homenaxe ao cine clásico de terror.


Blenderstein! from Cartoon Brew on Vimeo.



Vía

Gratas e Boas Novas


Falar de Celso Fernández Sanmartín é falar de sensibilidade, de tenrura, de complicidade, de ledicia, de cariño, de dozura. Non é doado decidir cal é o substantivo que mellor se lle aplica, posto que todos e cada un son necesarios. E se unha persoa é tan especial, a súa obra non o pode ser menos. Agora sorpréndenos con este Gratas e Boas Novas, un libro sen fin ao que chegamos ao seu fin, desgrazadamente, demasiado axiña. Unhas poucas palabras, unhas cantas imaxes, e decidimos que este é un agasallo para os mellores amigos. Porque é así, inclasificable. Porque toda a poesía está contida nunhas poucas páxinas ás que non lles cómpre ningún verso. Só algunhas das súas palabras, o moito do seu respecto, un petisco de inquedanza e unha dose de visión do mundo conforman este bocado, un alimento que nos deixa satisfeito pero que crea adicción, como toda boa obra de arte.
Celso, Celsiño, como aquí o coñecemos, buscou durante moito tempo un material especial para a publicación deste libro, un material no que a palabra escrita, na súa brevidade, estivese chea de significado, de dozura, de poesía. E topouna. A nós sábenos a pouco, porque somos tremendamente larpeiros. Pero el, como gran cociñeiro, sabe administrar a nosa fame poética. Aquí, nas súas palabras, atoparedes "palabras-alfaia, mensaxes-ouro". E buscade un pelo-amuleto!

Atoparédelo na libraría "Alvarellos" de Lalín, na libraría "Couceiro" de Santiago, en "Torga" de Ourense...

Fame

No sur de Somalia morren a miles... de fame. A peor sequía dos últimos 60 anos e o conflito armado son as causas das taxas de malnutrición máis altas do mundo. 50000 nenos poden morrer de fame proximamente: "un neno que morre de fame é un neno asasinado", afirma Jean Ziegler, relator da ONU para o Dereito á Alimentación entre os anos 2000 e 2008; quen tamén di "a solución para a fame non é dar máis, senón roubar memos". A verdadeira causa: os prezos dos alimentos.



Máis información aquí.

21/07/11

Sexy Fingers

Como non hai rapazada infantil que mire este blogue, póñovos un vídeo un pouco sexi que publicita a necesidade de protexerse SEMPRE, e lémbrannolo por ser precisamente verán, sinónimo de festa...



Vía

Isto é o futuro do libro?

O outro día colgamos este fantástico e marabilloso vídeo aquí; agora grazas a Bragado chegamos a unha versión diferente del:

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore iPad App Trailer from Moonbot Studios on Vimeo.



Trátase dunha magnífica aplicación para Ipad, un libro-conto interactivo xenial que só custa 4 euros.

As manías d@s escritor@s de noso (II)

Segunda entrega da serie: agardo que sexa do voso interese. Desta volta, tráiovos unha sorpresa: está presente o grandísimo e admirado Celso Emilio Ferreiro, tirado do libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro que me resumiu Ramón, a quen novamente lle mando o meu agradecemento.

Celso Emilio Ferreiro: Antes de escribir o poema xa o elaboraba con anterioridade mentalmente e de xeito concienciudo. A súa muller era sempre a súa primeira lectora e crítica ("a pedra para constatar a realidade, a emoción que pode espertar").



Yolanda Castaño: Con silencio total, pechada e con luz artificial, acode primeiro á súa cabeza antes de deixar pegadas no papel.

Antón Riveiro Coello
: Merca cadernos en branco que logo non utiliza e asina sempre cun bolígrafo vermello. Un pouco de licor café axúdalle a enfeitizar as musas.

Elena Gallego Abad: Cando está en pleno proceso creativo non le outras literaturas, aínda que si se documenta moito para os seus escritos. Cociñar é o xeito que ten para desbloquearse.

Manuel Núñez Singala: Non fala do seu traballo ata telo rematado. Cambiou o caderniño e un cabo de lapis polo iPhone: sempre anda a anotar para non esquecer as ocorrencias.

María Canosa: A orde é fundamental para poder efectuar este labor que nos ocupa, algo que adoita realizar descalza e cunha vela porque lle relaxa mirar a lapa. Prefire escribir con lapis, e sempre a man.

Miro Villar: Nunca se pon á escrita de noite e faino en papel necesariamente. Adoita traballar intermitentemente e repousar a súa creación literaria.

Marta Dacosta: Acostuma utilizar as mesmas ferramentas, un vello caderno cheo de folios soltos e un bolígrafo agora extraviado. Obrígase asemade a utilizalas cando menos unha vez ao mes.

Antón Fortes: Utiliza uns pequenos cadernos de 10 por 15 centímetros nos que escribe cun Pilot de tinta líquida negra con letra minúscula (o propio autor asegura que é "de formiga").





Marica Campo: Cómprelle a soidade e escoitar música de violonchelo, preferentemente Mischa Maisky ou Jacqueline du Pré.

20/07/11

A importancia do saúdo

video

La condesa sangrienta



Gústanvos os filmes de terror? Se a resposta é afirmativa, apresurádevos a ler este libro. Se a resposta é negativa, dá igual, a min non me gustan e este álbum ilustrado tenme totalmente conmocionada... e co estómago completamente revolto. Xa o rematei hai unhas horas e sigo en estado de shock.
Pero de que raios estou a falar? Dun impresionante libro publicado por Libros del Zorro Rojo chamado La condesa sangrienta e que non é nin máis nin menos da miña admirada Alejandra Pizarnik, cunha fantásticas -e tremendas- ilustracións de Santiago Caruso.
O libro está dividido en once partes intensas nas que se describen o que supostamente aconteceu entre as paredes do castelo de Čachtice. E o mérito da autora é describir ese intenso horror e as atrocidades cometidas do xeito en como o fai, poeticamente, mesmo coma se fose fermoso. As ilustracións en negro e vermello (escuridade e sangue) son alucinantes.
Así pois, a pesar de todo, texto e imaxe, conforman un conxunto de tal beleza que é imposible -repito, a pesar do tema- non gozar deste libro, un álbum deses impresionantes aos que nos ten (mal)acostumados esta editorial.



«Sentada en su trono, la condesa mira torturar y oye gritar. Sus viejas y horribles sirvientas son figuras silenciosas que traen fuego, cuchillos, agujas, atizadores; que torturan muchachas, que luego las entierran. Como el atizador o los cuchillos, esas viejas son instrumentos de una posesión. Esta sombría ceremonia tiene una sola espectadora silenciosa.»

Aquí tedes un fragmento máis longo.

Eu sao poeta, home

Podemos gozar deste vídeo en tres dimensións arredor do grande poeta portugués Fernando Pessoa, serve para achegarnos á súa personalidade e a súa poesía coa máis anovadora das tecnoloxías "3D":





Vía

19/07/11

Porque hay cosas que nunca se olvidan

Curta co récord Guiness á máis premiada da historia. Rodada en Segovia pero ambientada no Nápoles dos anos 50.



Vía

Amor en juego



Levo moito tempo detrás deste libro e nunca o topei nas librarías, menos mal que houbo unha alma caritativa que mo prestou. O malo é que deses libros que che apetece ter, porque é unha auténtica preciosidade. Elena Ferrándiz é a autora de Amor en juego publicado por Thule. Un álbum para xogar co amor, ben sexa para namorar, para conquistar, para os que están sós ou para os que non o están. O caso é xogar... e gozar deste libro único. Ou cando menos para comprender as regras do amor, xogando, que ás veces semella ben complicado, ou non?
Quen dixo que os álbums ilustrados non son para maiores???



Cuando uno/a se lanza al terreno de juego del Amor
lo que desea es ganar la partida.

Quizá todo sería más fácil si se supiera en qué juego
se está apostando el corazón.
De esta manera podríamos conocer sus reglas en lugar
de avanzar por tableros del amor a ciegas

Manfred Max Neef

A economía que Max Neef propón susténtase en cinco postulados:
- A economía está para servir ás persoas e non as persoas para servir á economía.
- O desenvolvementeo refírese ás persoas e non aos obxectos.
- O crecemento non é o mesmo que o desenvolvemento e este non precisa necesariamente de crecemento.
- Ningunha economía é posible fóra dos servizos que prestan os ecosistemas.
- A economía é un subsistema dun sistema maior e finito que é a biosfera: o crecemento permanente é imposible.
Un prinicipio fundamental:
Ningún proceso ou interese económico, baixo ningunha circunstancia, pode estar por riba da vida.
A actualidade é exactamento o contrario a estes postulados e a este principio.
















Para saber máis, achégate aquí.

18/07/11

La ruta natural



Vía

Un cuento chino

Un libro cheo de comicidade, que non hilarante, é esta novela de Tilman Rammstedt, Un cuento chino publicado por El Aleph Editores. O libro é en si un canto á imaxinación desbordante que atrapa ao lector dende a primeira páxina. O escenario que enmarca a novela é tan disparatado que un acaba sen saber que hai de certo e que non no que nos conta o protagonista: dende a familia tan irregular, a convivencia, as relacións, o avó diferente (e tanto!)... ata esa viaxe que decide inventar e que acaba sendo un exercicio extraordinario de inventiva sobre un pasado e un presente que non sabemos se pode ser real. Ao mesmo tempo, os escenarios tópicos chineses que describen acaban sendo unha parodia das guías de viaxe: pasar por China sen saír da casa.
Unha novela chea de orixinalidade que non deixa indiferente.

"Que mi abuelo, en el momento en que recibí su penúltima postal, ya estaba muerto, yo no podía saberlo..."

Detox

Dende Greenpeace advírtennos que varias coñecidas marcas internacionais do sector téxtil, como Nike e Adidas están relacionadas con industrias chinesas que nos seus procesos produtivos verten tóxicos aos ríos, envelenando as augas e ameazando a saúde das persoas e a biodiversidade.


17/07/11

Ponys



Vía

Una luz diminuta surgió de la nada


Se xa me encantara Estaba oscuro y sospechosamente tranquilo, Una luz diminuta surgió de la nada non queda atrás: o universo de Einar Turkowski é totalmente especial e diferente, e chega da man de Libros del Zorro Rojo. Unha historia chea de poesía e luz, coas ilustracións características de Einar, en branco e negro, que son quen de estar cheas de cor a pesar a ausencia desta. Se a historia é fermosa, as ilustracións son xoias que nos fan gozar visualmente, que requiren demora e concentración para captar cada un dos seus detalles, e hai moitos.
Toda unha lección de beleza.

«Cada mañana, en cuanto el señor Ribblestone se levantaba de la cama, iba a ver su nueva planta. Y hasta que no se cercioraba de que nada le faltaba, era incapaz de concentrarse en su diario quehacer. Pues, aunque el resto de sus plantas requiriesen de su atención, no podía dejar de pensar en la misteriosa desconocida.»



Non á violencia contra as mulleres (CCXI)

Animación en plastilina contra os malos tratos:



Vía

16/07/11

Today is Sunday



Vía

Ler no metro

Xa temos falado moitas veces das campañas de fomento da lectura das librarías Gandhi, por chamativas e estupendas, non sabemos se eficaces. Esta última é aínda mellor, e desta volta si sabemos que é eficaz: realízase no metro de México coa obra El puente de Franz Kafka.




Vía

Yo estaba rígido y frío; yo era un puente; sobre un precipicio estaba yo tendido, hundidas de este lado las puntas de los pies, del otro lado las manos, me había enclavado fuertemente en un limo desmoronadizo. Los faldones de mi chaqueta ondeaban a mis lados.

Abajo alborotaba el frígido arroyo de las truchas. Ningún turista se descarriaba hacia estas intransitables alturas; el puente no estaba aún consignado en mapa alguno…

Así estaba yo tendido, y esperaba; tenía que esperar. Sin desplomarse, ningún puente que alguna vez haya sido construído puede dejar de ser un puente.

Una vez… hacia el anochecer fue eso -fue eso lo primero… fue eso el último… no lo sé- mis pensamientos desembocaban en el caos, y siempre moviéndose en ronda.

Hacia el anochecer, en verano (el arroyo sonaba con un fragor sombrío)… fue entonces que oí pasos de hombre. ¡Hacia mí, hacia mí!

¡Estírate puente! ¡Ponte en condiciones, viga sin barandas, soporta al que te ha sido confiado! ¡Compensa imperceptiblemente la inseguridad de su paso; pero si él se tambalea, date entonces a conocer, y, cual un dios de las montañas, arrójalo a tierra firme!

Él llegó; con la punta de acero de su bastón me dió unos golpecitos; con aquélla levantó después los faldones de mi chaqueta y los colocó ordenadamente encima de mí. Con la punta revolvió mi enmarañado cabello, y, echando quizás una feroz mirada en su derredor, la dejó ahí largo rato. Pero después -justo en ese instante soñaba yo con él por sobre montañas y valles- me saltó con ambos pies en el medio del cuerpo.

En medio de salvajes dolores e ignorante de todo, miré. ¿Quién era? ¿Un niño? ¿Un sueño? ¿Un salteador de caminos? ¿Un suicida? ¿Un demonio? ¿Un exterminador?
Y me di vuelta, para verlo… ¡Puente que se da vuelta!…

No había alcanzado a darme vuelta del todo cuando ya me desplomé, y ya estaba desgarrado y traspasado por los afilados pedernales que siempre me habían contemplado tan amistosamente desde las enfurecidas aguas.

Raios!

Esta fotografía recolle a caída de 70 raios sobre a illa de Ikaria, Grecia. Unha pasada, a natureza.



15/07/11

Splitscreen

Todas as escenas de Splitscreen: A Love Story, unha fermosa curta de JW Griffiths, están gravadas cun N8 de Nokia. Gañadora do concurso Nokia Shorts de 2011.


Splitscreen: A Love Story from JW Griffiths on Vimeo.



Vía Microsiervos

Fardando



Vía Antonio Alonso

Un mundo de mamás


Marta Gómez Mato e Carla Nazareth son as artífices deste marabilloso álbum ilustrado publicado por Comanegra: Un mundo de mamás. É precioooooooooooso!!! Todos papeis que as maamás deben -debemos- representar: ser poderosas, ser golosas, ser cálidas, ser toliñas, ser reconfortantes, ser lectoras, ser doces... Aínda que no libro cada unha será dun xeito diferente, o álbum indica claramente que a nosa mamá, a de cada un, é todas e cada unha delas. Todo un catálogo de 25 tipos de mamás que ademais contén un mapamundo -moi interesante- do bolso de mamá (que eu nunca cumprín!!!). As ilustracións son unha auténtica fermosura imaxinativa.
Se mo permitides, voume quedar coa "Mamá chocolate" por aquilo de que é un "medicamento indispensable" e coa "Mamá Caperucita" que vai "visitar bibliotecas y librerías y las recorre como si fuesen un bosque familiar. No teme al lobo, sino a la falta de tiempo libre y a no tener la oportunidad de leer un rato, un ratito, cada día!. A que é unha preciosidade???


Vivir sen capitalismo











14/07/11

Revolución



Vía

Agatha Christie, cómic en galego

Celebro con ilusión este tipo de iniciativas que nos traen á nosa lingua clásicos en banda deseñada. Estou a falar de El Patito Editorial, que traduce, de momento, dous libros de Agatha Christie en formato cómic, aínda que na súa web non os topei. Hai tempo que se anunciara a versión comiqueira dalgúns dos libros máis famosos deste incansable escritora, pero o feito de gozalos na nosa lingua é algo que debemos aplaudir.
Podemos ler dous títulos:
Os Catro Grandes, onde Poirot debe enfrontarse a unha poderosa banda internacional de criminais, mesmo con risco da súa propia vida. O cómic está moi ben conseguido. A versión é de Alain Paillou (1958).


Morte no Nilo, desta volta a cargo dos franceses François Riviére e Solidor como debuxante. Desta volta a acción transcorre en Exipto e Poirot debe descubrir quen é o/a asasino dunha moza herdeira rica recén casada. Moi ben recreada.



As manías d@s escritor@s de noso (I)

Recoñezo que cando vin este artigo, algo comezou a bulir na miña testa. E non parou ata que encetei a mandar mensaxes e correos a quen puidese chegar.
Teño falado moitas veces da xenerosidade dos nosos escritores e escritoras, e debo insistir unha vez máis: non houbo ninguén que non quixese colaborar comigo na elaboración destes posts; grazas dende aquí a todos eles e elas. Que queden para a posteridade as "manías" artísticas ou da creación da nosa literatura: esa que nos fai soñar, tremer e viaxar na nosa lingua. É un honor para min recollelas e amosárvolas.
O labor de resumo, porén, non foi doado, porque deron máis detalles dos que aquí constan: se algún lector ou lectora se derrete por alguén en especial, que me escriba e poderei -ou non- ampliarlle a información.
Tampouco podo esquecer o altruísmo de compañeir@s que por iniciativa propia quixeron colaborar comigo no labor de recollida e solicitude a escritores e a escritoras: grazas Ramón, grazas Loli.

Para que o post non se faga demasiado longo, decidín asemade achegarnos a dez escritores de cada vez, comezando nesta primeira entrega polo noso prezado Agustín, sempre tan próximo e afectuoso.

Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título "de verdade" poñerao cando esta está rematada.

Agustín amosounos o ano pasado por videoconferencia un dos seus cadernos amarelos.


Antía Otero: Tenlle manía á desorde e á incomodidade: coloca todo antes de se pór á escrita e vístese con roupa ampla. Ao seu carón sempre hai un gran termo de infusión que irá bebendo paseniñamente. Toma notas continuamente que garda nunha mesma caixa antes de transcribilas ao ordenador.

Marcos Calveiro: Comeza as novelas polo derradeiro capítulo e escoita sempre ao inicio dunha nova novela o "Favorite thinngs" de John Coltrane. Busca a aprobación da súa parella, lectora e musa ideal.

Iolanda Zúñiga: Cómprenlle tapóns nos oídos por mor dos ruídos e escribe soamente polas mañás, co seu habitáculo en orde. Ademais, faino medio núa e rillando nas unllas. Élle imprescindible xogar cos cans e conducir a súa vella scooter.

Fran Alonso: Precisa illarse do mundo e moitas horas seguidas. Sempre escribe con música de tonalidade estable, pero con cada libro cambia de música, sempre a mesma ata que o remata.

Rosa Aneiros: A súa manía, curiosamente, é non permitirse telas: "vencerse como carne para gañarse como imaxinación".

Francisco Castro: Asegura que a súa mellor hora para este labor é as cinco da mañá e que sempre o fai descalzo. Corrixe tres veces a novela, e non permite que lla lea ninguén ata que esta saia do prelo. Dispón as súas producións alfabeticamente e precédeas dunha cita dos Beatles.

Inma López Silva: Leva en todo momento un caderno no bolso e anota neles constantemente: por iso utiliza sempre bolsos nos que caiba este obxecto. Ademais, escribe descalza.

Xabier Docampo: Require para traballar dun caderno pequeno ou mediano que contén toda a arquitectura interna da obra: escenarios, personaxes, reflexións... pero non a textualidade. Este caderno lévao sempre consigo, mesmo sente pánico a perdelo.

María Reimóndez: Utiliza cadernos raiados ou lisos, e estes teñen que lle "cadrar" coa historia; odia poñer nomes aos personaxes, por iso adoita utilizar aqueles que coñece. De poder, escribe a primeiras horas da mañá ou a últimas da tarde.


Os cadernos onde María Reimóndez escribiu Pirata.


13/07/11

El amor dura 27 planos



Vía

El día de mañana

En dúas palabras: Im-presionante.

En serio, unha das mellores novelas que lin ultimamente. Ignacio Martínez de Pisón consegue en El día de mañana, publicada por Seix Barral, unha novela coral nitidamente redonda que atrapa o lector dende o comezo e sente que a lectura chegue ao seu fin.
Non é doado que unha novela coral obteña este resultado máxico, onde o trazado e o cruce de estradas está tan ben logrado que cada personaxe que conta a súa parte (unha ducia deles) é importante e interesante por si só. Pero resulta que ata os máis secundarios teñen o seu aquel. O lector bebe avidamente cada palabra, evoca cada imaxe, sente cada dor, cada puñada, cada amor. A narración envólveo e consegue que sexamos cada un dos homes e mulleres que pasan por esa Barcelona da Transición. Humor, Historia, Documentación, Pluralidade, Degradación, Introspección... ata Palíndromos están presentes nesta novela ben documentada que nos engade un anaco de historia recente.
É por tanto El día de mañana unha novela ben fiada, fluída, onde a complexidade dos seres humanos, a evolución destes, a sorte, o amor, absolutamente todo queda ben compactado facendo que a súa lectura convirta as nosas horas en escasos minutos de felicidade.

O querido amigo-lector Xabier xa me enviou hai uns días a súa tamén boa impresión deste libro:
Agora estou cunha "novela coral", onde o protagonismo repártese entre moitos personaxes. Neste caso son unha ducia. Aínda que o protagonista real mantense na sombra e non aparece directamente no relato.
Son doce personaxes, doce coralistas, interpretando un tema común: a vida dese protagonista fantasmal...
Cada un deles aporta, coma nun bo coro, o seu particular grao de area, a súa persoal voz pero a obra, a pesares de tanta polifonía, soa coma un único relato.
O narrador consegue que a peza non nos pareza un pastiche senón que a recibamos e entendamos coma unha obra unitaria.
Imaxino ao autor sentíndose coma un compositor ou un director coral, pendente de dar todas as "entradas" a cada cantor no seu preciso momento...

Médico cubano

Un pouco de humor:

12/07/11

Contra as cascudas

Aquí, onde o vin, din que o anuncio está protagonizado por un coñecido cantante nipón. En fin...


Indignádevos


O malo de prestar os libros mesmo antes de lelos é que pode suceder isto: que tarden meses en volverchos. E isto foi que me pasou con este, que regresou onte á casa. A estas alturas, nada novo vou dicir del: se hai alguén por aí que aínda non o lese, que o faga: son dez minutos de lectura que dan para pensar máis de mil. Así que Indignádevos con Stéphane Hessel en galego grazas á Faktoría K de libros. Lectura obrigada dende o magnífico prólogo de Manuel Rivas ata o posfacio do editor que nos fala do autor.

La abeja de más



Este sorpresivo agasallo chamado La abeja de más de Andrés Pi Andreu e Kim Amate está publicado pola editorial Takatuka. Fermoso álbum ilustrado metáfora da sociedade que debe solucionar diferenzas sociais, de raza ou de cor, mesmo de lingua. A verdade, é que o álbum é un traballo de igualdade sinxelo e completo, cheo de ironía, cunhas ilustracións que non deixan indiferente, con todo tipo de detalles, humor e imaxinación. Unha alegoría imprescindible nun álbum que vos encantará da sociedade actual: “Demos una oportunidad a la abeja extraterrestre”.
Non sei se inflúe o xeito en que me chegou á hora de valoralo, coido que non, porque estou segura de que vos encantará e lle tiraredes moito partido.




Toulambis

No ano 1976, o equipo de Jean-Pierre Dutilleaux, explorador e etnógrafo, contactou cos Toulambis, unha tribo que nunca vira o home branco de Nova Guinea, coñecen só o que lle dá a natureza e vivían coma nós na prehistoria.
Pregúntome se de algo lles serviu a experiencia e que será deles arestora.





Vía

11/07/11

Grises



Vía

O fantástico voo libresco de Mr. Morris Lessmore

Preciosa curta chea de libros e soños:



Vía Bibliotequear

Antón e os inocentes

Un xa clásico da nosa literatura que non lin no seu momento polo que soluciono o erro: Antón e os inocentes de Méndez Ferrín está publicado por Sotelo Blanco.
Unha novela de iniciación a dúas voces, dous mozos que maduran cos acontecementos que deben vivir e polas circunstancias familiares tan diferentes e tan próximas que lles veñen dadas: a soidade, a inxustiza social, o amor... nun Vigo omnipresente de finais dos anos 50 (Vigo, case personaxe). Unha gran obra feita con rupturas temporais que manteñen esperto o lector, ávido por saber máis das historias actuais pero tamén das pasadas, tecendo arredor dos dous personaxes principais un espello da historia recente e a perda da inocencia cara á madurez do presente e o amor que une como fío condutor e argumental. Unha novela sempre actual que non debemos esquecer.



Tratamentos que matan


Neste documental, o cineasta e actor homosexual chinés Xiaogang Wei achéganos á realidade dun mundo no que algúns seguen a pensar que a condición LGBT é unha enfermidade e como tal debe ser curada. Se a isto unimos a presión que se exerce sobre as persoas homosexuais, e o medo que algúns deles senten por admitir a súa realidade, temos un cóctel explosivo que leva a abusos de todo tipo, que debemos denunciar XA. O documental está rodado en China, pero a problemática pode ser extrapolada a calquera lugar, xa que a ignorancia e o medo existe tamén en Occidente.



Todo o documental, aquí.

Vía Bajo el Signo de Libra

10/07/11

Botámoste de menos

We miss you (Botámoste de menos) é unha magnífica campaña viral para chamar a atención sobre a separación entre os homes e o medio.


Vía Capítulo 0

Un puñado de semillas



Tiven a sorte o outro día de coñecer a editora de Ekaré, e que aínda por riba me agasallase cuns cantos libros. Este é un deles: Un puñado de semillas, con texto de Mónica Hughes e ilustracións de Luis Garay. Un libro de solidariedade que fala de nenos e nenas que viven en mundos precarios e que teñen que sobrevivir sós sexa como sexa. Pobreza, orfandade, supervivencia, e sobre todo constancia e solidariedade son as claves do libro. As ilustracións son realistas e nelas non falta un só detalle, cun ton ocre da terra moi chamativo.



Las niñas perdidas


Non me acabou de gustar esta proposta de Cristina Fallarás, Las niñas perdidas, publicada por Roca, e que foi Premio LH Confidencial 2011 de novela negra. A pesar de todas as críticas tan estupendas que lin, o libro non conseguiu conquistarme.
E non pola historia en si, dura, durísima, macabra, tristísima. Tanto, que consegue, iso si, deixarte pola chan, preguntándote se os humanos temos de humanos só o nome ou hai algo máis detrás, é dicir, se conseguimos que o salvaxe sexa un adxectivo de animais, ou non. A protagonista, a detective, é pouco crible, tan valente e tan astuta, ao mesmo tempo que se permite, incluso, ser tenra. Non sei, non me acaba de convencer. E, repito, non creo que fose por ser macabra; son lectora habitual de novela negra e isto ocorre moitas veces. Non sei se é polo xeito de estar contado, ou simplemente porque a lin nun momento inoportuno. Se algún de vós, lectores deste blogue, a le, agardo que me contedes a vosa opinión. Quizais mereza outra oportunidade.



Non á violencia contra as mulleres (CCX)







09/07/11

Reading Inspires Children

Xa o puxemos hai tempo, pero é tan fermoso que non nos resisitimos a repetilo ao topalo aquí:
How tired I am of this unbearable distance between us. How I long for the toll of the recess bell. Have you forgotten me? Grown mindless of me? Tell me I am not writing into an abyss. Or that is what will become of my heart.
¡Qué hastiado estoy de la insoportable distancia que nos separa. Cómo anhelo el sonido de la campana del recreo. ¿Me has olvidado? ¿Has dejado de quererme? Dime que no estoy escribiendo en el abismo. O en eso se convertirá mi corazón.

Sempre hai un lugar para a poesía (XCIII)

Facundo Cabral, asasinado esta mañá en Guatemala.



No crezca mi niño,
No crezca jamás,
Los grandes al mundo,
Le hacen mucho mal.

El hombre ambiciona,
Cada día más,
Y pierde el camino,
Por querer volar.

Vuele bajo,
Porque abajo,
Está la verdad.

Esto es algo,
Que los hombres,
No aprenden jamás.

Por correr el hombre
No puede pensar,
Que ni él mismo sabe
Para donde va.

Siga siendo niño,
Y en paz dormirá,
Sin guerras,
Ni máquinas de calcular.

PROSA

Diógenes cada vez que pasaba por el mercado
Se reía porque decía que le causaba mucha gracia
Y a la vez le hacía muy feliz
Ver cuántas cosas había en el mercado
Que él no necesitaba.

Es decir que rico no es el que más tiene,
Sino el que menos necesita.

Es decir, mano ocupada, mano perdida.

Es decir, el conquistador por cuidar su conquista,
Se convierte en esclavo de lo que conquistó,

San Francisco decía
lo que tal vez sea
la fórmula de de la felicidad:
deseo poco
y lo poco que deseo
lo deseo poco

Dios quiera que el hombre,
Pudiera volver,
A ser niño un día
Para comprender.

Que está equivocado,
Si piensa encontrar,
Con una chequera,
La felicidad.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.