Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/11

La Valse des Vagues

La Valse des Vagues from Maude Breton on Vimeo.

Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata

Publica Sotelo Blanco este libro moi apropiado para o primeiro curso da ESO: Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Vou probar co alumnado a ver se lles gusta, pero dáme que si. Aventuras moi actuais, tecnoloxicamente falando, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Moi entretido, a lectura resulta agradable, aínda que o final sexa algo frouxo por desenlear demasiado axiña e sen comprometerse, non sei se agardando unha segunda parte.
Moi apropiado tamén e coido que efectivo o feito de non se contentar só co texto, posto que alumnado e lectores teñen a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderemos acceder a cada un dos personaxes, poderemos coñecer aos autores, saber como e por que, e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto impactan por seren moi especiais, cunha cor que nun principio pode semellar chocante.



O silencio dos ricos

Programa de Informe Semanal sobre as grandes fortunas, grandes empresas e impostos: O fraude é de 245.000 millóns de euros anuais! Case nada! O das grandes empresas supón un 72% do total.
En fin, nada que non saibamos... e que cabrea igualmente.



Vía El Ventano

29/09/11

Au sommet du monde, le Roi a Froid

Curta de Maude Breton, finalizada en Cégep du Vieux Montréal en maio de 2011.

Au sommet du monde, le Roi a Froid from Maude Breton on Vimeo.


Vía

La composición



Precioso álbum publicado por Ediciones Ekaré, La composición é de Antonio Skármeta con ilustracións de Alfonso Ruano. Unha demostración de que o álbum serve para falar de calquera realidade política de xeito que calquera poida achegarse a ela, entendéndoa. As ilustracións son realistas, coa necesaria dramatización.
A historia desenvólvese nun país calquera latinoamericano, nos anos 70. Inevitable pensar en Chile, pero non hai ningún dato no libro que o especifique. Simplemente, o lugar dá o mesmo para falar de falta de liberdade, de intolerancia, de terror. Mesmo consegue momentos de tensión mentres non avanzamos na lectura. Está moi conseguido o retrato da intelixencia infantil, o feito de se percatar do medo, da inxustiza, da incomprensión. Porque un neno debe xogar e ser feliz, pero tamén observa e responde.





Historias de muros

Vídeo de Maysun Cheikh Ali Mediavilla, galardoado co primeiro premio en LÚMEN_EX 2010 Premios de Arte Dixital / Digital Art Awards Universidade de Extremadura.




vía Lápices para la Paz

28/09/11

Prexuízos

Boísima publicidade. Como reaccionariades vós se entrades no cine e está a tope de tipos con cara de malos, moi malos, e un par de sitios libres no medio?


Hicksville

Gustoume moito esta novela gráfica de Dylan Horrocks, Hicksville, publicada por Ediciones del Ponent. Chama a atención que se anuncie xa como "novela gráfica" na súa edición do 2003. Creo que vén de ser reeditada por Astiberri.

O que ten de especial este cómic é que é un cómic sobre cómics, un xeito de amalos tan espontáneo e grandioso que unha frase non pasa desapercibida cando lemos:

- Esto… me he dado cuenta de que usted tiene bastantes cómics, señora Hicks.
-¡Santo Cielo! Como todo el mundo, ¿no?


Hicksville é un lugar que non exite, pura utorpía: un lugar que vive por e para o cómic, un lugar en que todos e cada un dos seus habitantes son lectores ávidos de cómic, tanto que son verdadeiros expertos e posúen unha biblioteca impensable chea, mesmo, de incunables. Arredor do cómic xirará a historia principal e as secundarias, destilando sobre todo a defensa como arte literario e pictórico deste estilo, unha vila que medra arredor deste ben o demostra.
E todo este amor conséguese en branco e negro, sen grises, con trazos sinxelos, sen máis florituras que a mestura de historias e os saltos espazo-temporais continuos

Mala educación

"...unha boa educación é a maior riqueza e o principal recurso dun país e os seus cidadáns..."

O vídeo está pensado sobre a base das instrucións da Comunidade de Madrid ... pero hai evidentes coincidencias co que está pasando aquí.

MALA EDUCACIÓN - Nos jugamos nuestro futuro from Ben Galvin on Vimeo.


Tamén vos deixamos un artigo publicado no diario dixital Galiza Hoxe o día 15 deste mes: "Vento fresco"

Inténtase desviar a atención da cidadanía sobre os recortes xeneralizados que sofre o ensino público e os prexuízos causados, non só ao profesorado, senón de xeito principal aos alumnos, familias e, como investimento social básico, á sociedade no seu conxunto. Desde o goberno galego estase dando á opinión pública unha imaxe deturpada das protestas dos docentes, que semella que son uns preguiceiros porque non queren traballar máis horas. Aseguran que aumentando o seu horario mellorará a calidade, cando é todo o contrario, pois deixarán de cumprir parte das súas funcións anteriores nas bibliotecas e nas TIC, para poderen vixiar os nenos ao baixaren ou subiren aos autobuses, labor que poderían realizar outras persoas. Tamén algúns articulistas proclives ás autoridades procuran incitar sentimentos primarios de envexa e de antipatía entre a poboación contra os funcionarios docentes, comparando as súa condicións condicións laborais e salariais coas da grande maioría dos precarizado s traballadores da empresa privada, pretendendo unha irracional igualación, mais a pior, indo cara ás deplorábeis condicións destes últimos. Cando o que tería que acontecer sería que se cuestionasen e revisasen as circunstancias de auténtica explotación que padecen moitos empregados do sector privado.
En realidade, co aumento do horario dos mestres galegos de primaria quérense reducir gastos, sacando do cadro de persoal uns mil efectivos. Suponse que, con todo direito, os traballadores do ensino terán que protestar contra este ERE oculto que os vai danar gravemente, prexudicando á vez a toda a sociedade. E os recortes no ensino público non só fican niso, senón que afectan aos máis variados ámbitos escolares: masificación das aulas, supresión da gratuidade dos libros de texto, redución do gasto corrente de colexios e institutos, do gasto de construción e mellora dos centros e do de comedores escolares, obriga de impartir materias afíns sen a debida preparación e experiencia, etc. Mentres, o investimento no ensino concertado-relixioso e a política de privatizacións continúan con insolente irresponsabilidade. Parecen esquecer que o mellor sistema educativo do mundo, o de Finlandia, é de ensino público no seu 95%,
Outra das máis coñecidas falacias é a de que no Estado español sobran funcionarios. A porcentaxe de poboación que traballa nos servizos públicos como educación, sanidade, xardíns de infancia, servizos de atención a dependentes, etc, é de só o 9,5%. A media dos quince países máis desenvolvidos da UE está nun 15%. A nosa Comunidade Autónoma, non chega nin á media estatal, pois é dun 5,5%. E aínda por riba, para a volumosa bolsa de mestres e licenciados galegos no desemprego, a expectativa de encontraren traballo será máis remota, pois só se van cobrir nas futuras oposicións de docentes o 23% das vacantes que se produzan por xubilación. Téñase en conta ademais que se incrementou a idade de xubilación.
Débese saber que hai diñeiro suficiente para manter e mellorar o noso Estado de benestar. Para iso hai que perseguir a fraude fiscal e incrementar os impostos das grandes empresas e rendas altas até os niveis normais en Europa.
Se nesta fase de recortes a sociedade enteira, non só o profesorado, non se implica, dada a insensibilidade manifesta dos políticos neoliberais que os aplican, irán en progresión, e o deterioro da escola pública será definitivo.

Manuel Miragaia Doldán

Tamén podedes ler este documento: Enseñanza pública y democracia:

En un artículo sobre la insensatez de unas políticas de austeridad que en lugar de remediar la crisis lo que hacen es perpetuarla, Paul Krugman señalaba que la parte fundamental de los recortes en gasto público recae sobre la educación, aunque “dejar sin trabajo a cientos de miles de maestros no parece el mejor modo de conquistar el futuro”.
Lo más grave es que estos recortes se nos presentan como una medida transitoria, como una consecuencia obligada de la crisis, superada la cual todo volverá a ser como antes, cuando en realidad hay motivos fundados para sospechar que de lo que se trata es de aprovechar la crisis para realizar una “reforma de la educación” en la que sólo se mantenga como gratuita una enseñanza destinada a formar peonaje, mientras la formación superior se reservará a quienes puedan costearse las elevadas tasas que habrán de exigir unas universidades que recibirán cada vez menos recursos públicos.
Esto se ha podido ver con claridad en el caso de Estados Unidos, donde el movimiento de “reforma” comenzó mucho antes de la crisis, con el objetivo declarado de reemplazar la educación pública por la concertada. Como ha declarado Teri Adams: “Nuestro objetivo final es cerrar las escuelas públicas y dejar tan solo escuelas privadas, devolviendo la responsabilidad por el pago a los padres y a organizaciones privadas de beneficencia”.
Estas “organizaciones privadas” son fundaciones “benéficas” como la Bill and Melinda Gates Foundation, que figura en primera línea en la lucha contra la escuela pública y a favor de escuelas gestionadas con criterios empresariales, donde los profesores, sometidos a unas condiciones de contratación precarias, están destinados a la tarea de comunicar unos contenidos previamente fijados, en una enseñanza que aspira tan solo a transmitir conocimientos puntuales, cuya adquisición pueda controlarse con exámenes y pruebas. Muchas de estas escuelas concertadas confían a empresas especializadas las tareas de contratar al profesorado, desarrollar los programas de estudio y mantener la disciplina.
Con programas semejantes actúan la Walton Family Foundation (de los propietarios de los almacenes Wal-Mart, la mayor empresa privada del mundo por el número de sus empleados, que se ha distinguido siempre por su oposición a los sindicatos), la Broad Foundation (ligada a AIG) o la Dick and Betsy DeVos Foundation (de los propietarios de Amway; Betsy DeVos es hermana de Erik Prince, el fundador de la empresa militar Blackwater, responsable de numerosos crímenes en Irak y Afganistán).
Que el propósito de la “reforma de la educación” sea desarrollar un sistema eficaz de adoctrinamiento de valores resulta todavía más visible en la universidad, donde la escasez creciente de los recursos públicos favorece la actuación de fundaciones empeñadas en realizar el
programa, que la Universidad de Cervera defendía ya en 1827, de combatir contra “la peligrosa novedad de discurrir”.
En este terreno destaca la actuación de Charles Koch, propietario de una de las mayores fortunas de Estados Unidos, que rechazó la sugerencia de Warren Buffett de que los ricos pagasen más impuestos, porque prefiere emplear su dinero en actividades como las de financiar candidatos de derechas en las elecciones o influir en la enseñanza superior de la economía y en combatir desde la universidad los estudios acerca del cambio climático, para evitar que se implanten unos controles ambientales que perjudicarían a sus industrias, que figuran entre las más contaminantes de Estados Unidos.
Se ha dicho que controla en la práctica la George Mason University, donde el vicepresidente ejecutivo de Koch Industries, Richard Fink, enseña en la facultad de Economía, y se sabe que financia proyectos y becas en otras muchas. En Troy University, por ejemplo, participó en una donación de 3,6 millones de dólares destinada a crear un centro de economía dedicado a combatir la idea de que las crisis económicas se pueden evitar regulando los mercados. En el caso de la Florida State University consta que la Fundación Charles Koch ofreció millones de dólares para el
departamento de Economía, a condición de que los candidatos contratados para enseñar debían ser aprobados por un comité designado por la fundación (que rechazó a un 60% de los sugeridos por la universidad) y de que podría retirar los fondos si no estaba de acuerdo con los resultados alcanzados. A lo que conduce una evolución semejante de la enseñanza se puede advertir en lo ocurrido en Chile, donde la privatización realizada por Pinochet, que los gobiernos de la Concertación dejaron sin enmienda, ha dado lugar a que lo que empezó como una protesta de los estudiantes, quejosos de una educación que “se sigue reduciendo al entrenamiento de habilidades funcionales para el mundo laboral y debilita la formación de personas que puedan convertirse en ciudadanos y ciudadanas activos y críticos”, ha acabado transformándose en un conflicto social de gran amplitud.
Que las cosas se están planeando entre nosotros con las mismas intenciones lo revelan las palabras de Esperanza Aguirre, que anuncian un futuro en que, con crisis o sin ella, “no toda la enseñanza” va a ser gratuita.
Defender hoy la causa de la enseñanza pública contra una reforma disfrazada de austeridad es una condición necesaria para preservar mañana la democracia.

27/09/11

Danger Planet


Danger Planet from Justin Burks on Vimeo.



Via

Fábula galénica

Botei unhas boas gargalladas coa lectura deste texto para teatro de monicreques, galardoado co premio na súa oitava edición. Estou a falar de Fábula galénica, escrito polo dezano Inacio, ilustrado por Óscar Villán e publicado por Baía.
Non sei se unha persoa que non é de Lalín rirá tanto coma min, polas continuas referencias á terra que no libro se fan, pero de seguro que lle interesará igualmente como fábula onde os animais e as cousas falan e demostran a súa intelixencia con toda claridade e axilidade, co mundo máxico como trasfondo. As ilustracións son asemade moi frescas e a obriña de teatro demostrará como os humanos non sempre amosan a súa condición de tales ante os que supostamente só poden comportarse como o que son: animais.

Protestar cantando

Pareceravos unha parvada, pero eu emocioneime co vídeo. A solución podería ser doada, pero cando só se apoia o ensino privado...

26/09/11

Aubade

La chica con pies de cristal

Fermosísimo este libro que nos ofrece Salamandra, La chica con pies de cristal é de Ali Shaw, un conto triste de amor e fantasía. Fantasía é a chave que abre as portas, sen ela o lector non pode achegarse ás súas páxinas. E unha vez abertas, asolagaravos a tristura. Unha tristura maina, potente, sen bágoas apenas, pero exquisitamente pertinente e presente en todos e cada un dos personaxes, feridos de amor dun ou outro xeito. Detrás de todo isto, o misterio das lendas, dos contos tradicionais que escoitabamos de pequenos, de bosques profundos e estrañas criaturas. Unha delicia para todos os sentidos. Detrás de cada palabra poderemos atopar, sen pensar, calquera tipo de maxia. Porque é esta palabra a que mellor define esta lectura: a maxia transportaranos con elegancia a un pequeno mundo habitado por moi poucos personaxes que devoraremos, sabendo certeiramente que só nos agarda un tráxico final. Porque se o libro fala con tristura ou con esperanza do AMOR, a MORTE está presente tamén continuamente. Amor e morte como eixos das vidas das persoas. E detrás, unha subxugante prosa que mestura realismo con fantasía, tradición e actualidade, negro e branco, medo e afouteza.
Unha preciosidade: tenrura e tristura xunguidos sen grandes alaridos.

Igual que las ramas de los árboles, que se doblaban con torpeza al agitarlas el viento, y las hojas, quebradizas, se rompían como el pergamino viejo. Igual que un halcón que Ida había visto volar sin gracia alguna, como mecánico batir de alas. Parecía que eso fuera lo que hiciera aquel archipiélago: agarrotar las cosas, agotar su vitalidad.

Desilusión

Estes días tiven oportunidade -estamos de festas na vila- de me reunir con compañeiros e compañeiras de centros espallados por toda Galicia. Se hai unha soa palabra que nos una é esta: desilusión. Desilusión pola actitude da Consellería e pola actitude dos pais. Falamos de moitos colexios que decidiron unanimemente renunciar a facer calquera tipo de actividade extraescolar (case todos os do Deza, por exemplo). Falamos de profesores que renuncian a formar parte do PLAMBE, fartos xa de tanto voluntarismo; de profesores de idiomas que deixan de realizar intercambios con outros países; de vicedirectores que xa non argallan excursións de fin de curso; de profesoras entusiastas que mesmo deixan de organizar clubs de lectura…

Cansos da actitude “dos nosos xefes” que poñen a opinión pública en contra nosa, cansos de recortes só na educación pública, cansos de ver como pais e nais soamente falan de nós para criticarnos, que se inmiscen constantemente no noso labor, chegando mesmo a oír como temos que organizar a aula, como temos que explicar, ou canto, ata onde debemos chegar, que debemos esixir... Maxinades que nos entremetéramos nós nas profesións deses mesmos pais e nais? Chegar onda un policía e dicirlle como ten que dirixir o tráfico? Onda unha médica e aconsellarlle o mellor xeito de operar? Onda un cociñeiro e explicarlle que eses non son os ingredientes máis bos???

Pois estes “consellos” temos que oílos nós a cotío. Comentaba unha mestra que unha nai lle dixo o outro día que “o que tes que facer ti é ensinar, que para excursións e educación xa estou eu”; consecuencia: renunciemos a facer excursións. Outra compañeira comentaba como un grupo da ANPA protestara polo xeito de levar os préstamos na biblioteca; ben, compren vostedes libros. Ou non. Fagan o que queiran, xa que tanto saben.

Ante isto, prodúcese arestora a situación que nun principio comentei: a perda da ilusión e buscar un xeito de manifestala procurando xustiza: deixar de organizar actividades para centrármonos só naquilo polo que nos pagan: dar clase.

Presentaba entón eu a miña dúbida, e o meu rexeitamento. Con este tipo de medidas os únicos prexudicados son os máis febles: o noso alumnado. E recoñezo un gran tremor de pernas ante esta situación. Non son eles os culpables, senón que son as vítimas. Retrucábanme: é o único xeito de que pais, nais e políticos entendan ata que punto é importante o noso labor. En todas as guerras hai vítimas colaterais e sempre son os débiles. Non quero eu iniciar este tipo de loita onde os desfavorecidos son uns alumnos que eu, coido, moito nos necesitan. Cando menos ese alumnado do rural que non ten, nin de lonxe, as mesmas oportunidades ca outros máis favorecidos.

Si. Estamos todos e todas enfadad@s, indignad@s. Compartimos as persoas que exercemos a docencia un mesmo sentimento. Pero coido que temos que tirar para adiante, sen deixar de esixir onde cumpra, debemos continuar mentres teñamos folgos para facelo. O noso traballo é único porque non manipulamos cousas, senón que construímos futuro. Non deixemos de darlles as oportunidades que necesitan. Non pola nosa desilusión. Non pola mala política deste goberno. Somos a educación pública: iso debe erguer as nosas miradas con orgullo e seguir na loita. Demostremos que o noso traballo ten un sentido e unha lóxica, que todo nel é importante, que cremos no que facemos e que o noso alumnado é o máis valioso que existe. Porque o é.



25/09/11

Historia dun peixe

De primeiras un sorriso, de final, unha gargallada. Se non é así, facédemo saber:

A Fish Story from Teemu Nikki on Vimeo.



Vía Microsiervos

Bibliotecaria precoz

Veño de velo no Recanto de Mik e fíxome graza:

Gardas

Guardes, Guardas, Flyleaves from DHUB on Vimeo.



Vía Librosfera

Non á violencia contra as mulleres (CCXVIII)

24/09/11

Fin do verán



Vía

Sempre hai un lugar para a poesía (XCIV)

No detenerse.
Y cuando ya parezca
que has naufragado para siempre en los ciegos meandros
de la luz, beber aún en la desposesión oscura,
en donde sólo nace el sol radiante de la noche.
Pues también está escrito que el que sube
hacia ese sol no puede detenerse
y va de comienzo en comienzo
por comienzos que no tienen fin.

José Ángel Valente
de Interior con figuras. (Barral, 1976).

O peiteado feminino

Neste vídeo en stop motion ruso, podemos contemplar a historia do peiteado feminino occidental, dende a época primitiva até os nosos días



Via Mangas Verdes

23/09/11

El Amor

Hoxe comezamos a fin de semana falando de amor na voz de Ricardo Arjona:

Saladina


Mentres agardamos -xa nos tarda- a inminente publicación do flamante premio Xerais deste ano, e mergullándome en novos proxectos, lin este libro do mesmo autor, Xabier Queipo, publicado por Galaxia na súa colección Costa Oeste.
Saladina lembra libros míticos como "A mil e unha noites" ou o "Simbad" de Cunqueiro. É un libro breve que nos achega sete relatos curtos, fantásticos, que un avó conta á súa neta Saladina. E con ela viaxaremos por mundos descoñecidos e atoparemos animais incribles mentres pasamos cada páxina. Porque tamén Saladina será contadora de historias, único medio de poder conservar na lembranza a historia do mar e dos individuos, da literatura e da ensoñación. E é que só con estas historias os viaxeiros que as escoiten terán un lugar para os seus soños.
Unha recomendación de literatura xuvenil moi acaída.



Mestres

Vídeo que nos chega dende Suecia coma unha homenaxe a mestres e mestras, persoas que poñen sementes que haberá que seguir cultivando:




Vía El Ventano

22/09/11

Rube Goldberg Machine version

Impresiona a montaxe, non si?. Do novo álbum de OK Go:

De ratos e homes


Recuperando vellas lecturas por mor de recomendacións para o alumnado, volvo a este De ratos e homes de John Steinbeck, en galego grazas á editorial Galaxia. Nada novo teño que dicir dun libro de sobra coñecido, agás que non debemos esquecer que temos estas xoias en galego, alfaias que deben estar presentes nas nosas listas de libros recomendados. Ás veces estamos tan obcecados mergullados nas novidades que non lembramos libros clásicos, ben sexan da nosa literatura ou verquidos á nosa lingua. Un libro para todas as idades a pesar de formar parte da colección xuvenil "Costa Oeste". Unha traxedia anunciada dende o principio, contada de xeito case vertixinoso, ao que contribúe o feito de ser unha novela curta, pero sobre todo unha historia tenra e conmovedora que non deixa indiferente.
Está ben interesante esta páxina que topei con críticas do libro dende todas as perspectivas: axudarannos a ter unha visión do conxunto e das diferentes formas de pensar e de analizar un libro que existen. Ide alí e tomade a molestia de lelas, só vos levará un anaquiño de tempo.

Privatizar

21/09/11

Rap da Espe

Para completar o día de folga de hoxe, este rap tan axeitado na Comunidade de Madrid:

Ler, a mellor lección

 
A Junta de Andalucía lanza a campaña Leer, la mejor lección de tu vida, dentro do programa "Esfuerza". Son vídeos publiciarios nos que personaxes andaluces moi coñecidos testemuñan como certos profesores e profesoras contaxian o gusto pola lectura: Miguel Ríos, Luis García Montero, José Mercé, Pastora Soler, Fernado Tejero... Ademais, é un intento necesario de prestixiar o labor dos docentes.
Moito me gustaría a min que me recordasen por saber transmitir o meu amor pola lectura!













Vía Miguel Calvillo

Sen Dereitos


Esta foto é de Malaui, onde os traballadores menores, de ata 5 anos, expóñense aos riscos tóxicos da colleita de tabaco.
Algúen lembra a Convención sobre os Dereitos da Infancia de 1989?


Vía

20/09/11

Melody Street



Vía

Voces que susurran

Aínda que son eu unha fan declarada de John Connolly, non foi este Voces que susurran dos libros que máis me gustou. Desde logo, se alguén non leu nada deste autor, pediríalle que non comezase por esta novela. Usa Connolly un recurso que xa utilizara anteriormente e que eu, particularmente, gosto menos del: a aparición de seres case sobrenaturais, a medio camiño entre o ceo e a terra, ou algo así. E a min isto é o que máis me molesta. Deixemos estar a novela negra como está: coa forza arrolladora que ten a súa mestría narrando este tipo de literatura, deixémonos de seres que non son de aquí. Porque coa maldade que temos na terra chega e sobra, realmente, para afondar na nosa sociedade dende ese punto de vista.
Si temos, ademais de a Charlie Parker, á súa parella de asasinos gais Louis e Angel, con pouco protagonistmo desta volta, algo que mesmo botamos de menos, polo que teñen de adictivos e de "case entrañables" noutras novelas do autor. Neste libro, Connolly decide facer unha intrusión nunha parte da sociedade norteamericana moi importante: que ocorre cos soldados que volven da guerra? E, coma sempre, está un xeito de contar as cousas que nos atrapa dende a primeira liña, cunha sucesión de personaxes que aparecen e desaparecen pero que non esquencemos, dadas as súas peculiaridades.
Non poderemos deixar de ler ata rematar, como sabemos que nos pasa con Connolly. Pero non queda o mesmo sabor de boca...


Esta é a nosa realidade

O outro día atopei paseando unha amiga da infancia que agora vive nunha das cidades do noso país. Comentoume que non está moi contenta co ensino que recibe a súa filla, matriculada no que se supón o instituto público de máis sona desa cidade, o de elite. Ela falaba de que pasa moito tempo dedicada a axudar a filla nos estudos, explicándolle o que coida debería traer entendido do instituto. Engadiu asemade que na privada hai máis horas de estudo para as asignaturas "importantes".
Nese centro, seguimos falando, todos os nenos e nenas son "fillos de". Son os grandes privilexiados: todos os pais teñen estudos e posibilidades económicas. Todos destacan, levan premios, boas notas... Fíxenlle ver o privilexio de estar rodeados de cultura, que calquera dúbida académica pode ser solucionada na propia casa, que calquera libro está ao alcance das súas mans.
Tentei esplicarlle que viven nunha burbulla. Que esa non é a nosa realidade, a realidade coa que convivimos os profesores e profesoras dos centros do rural, dos arredores das cidades. Que só ven unha parte moi pequena do que existe. Conteille -mentres ela se asustaba cada vez máis- que tiven unha alumna a quen a súa nai levaba polas noites a roubar nos eidos dos veciños. Que tiven outra abandonada pola nai co pai no cárcere, cunha avoa con poucos recursos como único sustento. Que un rapaciño comentou unha vez en clase "aínda non fixo moito frío porque non fun durmir coas ovellas".

Podería contarlle a historia desta nena:

Ela é da zona rural, no seo dunha familia dedicada aos labores de labranza e gandería nunha pequena explotación familiar; cunhas condicións socioeconómicas tan precarias que necesitan a axuda dos Servizos Sociais do concello. Vive nunha casa habitada por tres xeracións, nas que o desemprego de varios membros da familia e o diagnóstico de dependencia alcohólica do pai, engadido ao seu carácter violento e machista, axudan a que a nena se amose calada e reservada.
A moza ten que traballar abondo tanto nos labores domésticos como de labranza e atención dos animais, con poucas condicións hixiénicas; ademais coida das súas d
úas irmás pequenas: é unha perfecta mamá aos seus 16 anos.
Estas condicións reflíctense no día a día escolar, con problemas de hixiene persoal, timidez, temperamento reservado, falta de material escolar... facendo da rapaza unha moza moi insegura con ganas de pasar desapercibida.

Destila uns desexos inmensos de saír desta situación, quere voar do mundo que coñece, seguir estudando, ser dona do seu destino. Foi superando con esforzo e moitas ganas todos os atrancos que a fatalidade lle puxo no seu camiño. Destaca nela a falta do sorriso propio da adolescencia, unha mirada que só transmite unha gran tristura, esa tristura imperdoable nestas idades.

Non, non ten esa vida fácil da que me falaba a miña amiga nin que teñen os meus fillos, non existe a xustiza da igualdade para ela. Sabe que saír adiante é complicado, que lle custa estudar e entender, que ninguén na casa a apoia; porén, segue loitando. Neste caso, ela é sabedora de que só con estudos poderá saír desa situación que a está a machucar.

Podería falarlle dun neno que todos os luns se agocha baixo a carapucha da súa sudadeira, tentando esquecer todos os insultos que o seu pai proferiu contra a súa nai durante toda a fin de semana. Non estuda nin fai os deberes. Estes non lle axudan a esquecer.

Podería non rematar nunca este post.

Poderiamos contar miles de historias semellantes. O problema é que hai xente que non as ve nin quere velas.


Esta é a nosa realidade. Eu non sei como é dar clases nese instituto, non sei se me sentiría máis realizada por non ter que pedir axuda a especialistas, por no chorar coa impotencia... Si sei que loitar contra a pobreza mental é tarefa case imposible. Falo de incultura e son pesimista. Porque da pobreza mental é difícil saír. E, ás veces, derrubámonos. Pero case sempre loitamos e facemos canto temos a man. E isto é o que nos fai verdadeiros mestres.

19/09/11

11 de setembro

Curta da iraniana Samira Makhmalbaf que abre un filme colectivo, realizado en 2002 por 11 cineastas de diferentes países cunha duración simbólica (11 minutos, 9 segundos e 1 imaxe). Evoca esta famosa data do ataque ao World Trade Center.



Vía

Na noite escura



Veu de Portugal para quedar nos meus andeis e ocupar un luagar privilexiado, posto que é unha fermosura de libro. O seu autor é Bruno Munari e a editorial Bruaá: Na noite escura é un experimento visual e táctil que case non utiliza as palabras como forma de comunicación non necesaria nun libro. Tal é así, que o libro veu a luz en 1956 despois de moitas dificultades, precisamente por non constar apenas con texto.
Bruno Munari é unha arquitecto futurista, fundador da "Arte Concreta" onde se encadra este libro. Libro que constitúe unha obra de arte por conformarse a base de cores, formas e texturas, postas todas en función de contar o que ocorre nunha noite escura. Nunha noite así hai siluetas, follas furadas, voces, ambientes... acompañadas de técnicas de impresión diversas.
Unha alfaia alucinante.


Guaranís

A organización Survival International denunciou que camións cheos de homes armados están a tirar violentamente os guaranís da súa terra, en Brasil. Estes reclaman a súa terra ancestral, roubada por terratenentes gandeiros na década dos anos 70; este é todo o seu delito.
Survival solicita ao Goberno de Brasil que a terra dos guaranís sexa delimitada e protexida, tal como establece a Constitución do país. O mesmo que pide a Comisión Interamericana de Dereitos Humanos (CIDH).




Vía

18/09/11

O último traballo colaborativo

O outro día despedímonos de Dolores. Agora recollemos o texto común publicado nos blogues das bibliotecas escolares na súa homenaxe. Ela, que cría na colaboración desta gran familia, sorrirá vendo todos os blogues actuando conxuntamente, como ela mesma procurou que o fixeramos no Día das Letras 2011. Persoas así fan grande o ensino público. Por moito que queiran destrozalo os políticos, sempre haberá quen loite pola educación. De aí este texto.

Comezamos o curso con tristeza.

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.

Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgrazadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogues lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.

Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares



posanollocurtiscambre
jdoloresj
teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig

Rincones oscuros

Do novo disco de Pasión Vega:

Xardín Desordenado

No museo Verbum, un poema de Fernán Vello e outro de Pepe Cáccamo:




Non á violencia contra as mulleres (CCXVII)

Levo visto uns cantos, pero este deixoume de pedra. Vén de Australia:

17/09/11

Area nas mans

Kseniya Simonova foi a gañadora da versión ucraniana do famoso programa de televisión onde persoas anónimas demostran o seu talento nalgunha disciplina. No seu caso, realizar unha fermosa animación sobre area para transmitir ao horror da guerra (a invasión alemá de Ucranía na Segunda Guerra Mundial)...



Don Quixote

Versión animada a toda cor do Quixote do ano 1934. É unha produción de Ub Iwerks e a súa compañía Iwerks Studio con música de Carl Stalling.



Vía Mangas verdes

Mestra tradicional

16/09/11

Sheared

Sheared from Cartoon Brew on Vimeo.



Vía

Hai cen anos

Isto si que era un bo xeito de educar... por iso agora, a culpa, sempre é dos mestres:




Grazas, profa!

15/09/11

Branch Line

Unha curta ben tristeira, por certo.



Vía

El viaje

Edmon Baudoin realiza en El viaje, publicado por Astiberri, un formidable traballo de epresividade comiqueira. Hai unha combinación de debuxo e poesía que resulta do máis atraente, converténdose nun cómic totalmente seductor que axuda o lector na súa propia viaxe liberadora.
Sen un argumento demasiado orixinal (oficinista que foxe da súa existencia gris para liberar o seu ego), o que máis me gustou foi o debuxo, como as cabezas se van refigurando en axuda das emocións; isto fai que o cómic se convirta, sobre todo, nunha gozada visual. O seu debuxo é unha auténtica suxestión, insinuando todo o que por detrás estase a narrar. Por iso os trazos converten en cómic a nosa propia existencia, porque a viaxe interior cara á madureza vital vén dada neles máis que nas palabras. E así é a existencia.
Fermosísimo.


Volta ás aulas

Por esta volta tan denostada, recollo vídeo que nos ofreceu a profa:

14/09/11

Snow Showers and Moonlit Flowers



Vía

Pudor y dignidad

Un moi curioso libro este Pudor y dignidad de Dag Solstad publicado por Lengua de Trapo. Unha lectura diferente, que recomendo a profes de literatura e filosofía sobre todo, por canto nela se desenvolve. Non podo dicir que me encantou, só que me chocou e ao mesmo tempo interesoume, querendo saber máis, mesmo o porqué do título. Un profesor de literatura que ten un momento de loucura, acabando coa súa carreira e profesión, é motivo suficiente para querer seguir lendo. A saber... Pero sobre todo a novela fala da infelicidade, agochada baixo un prisma social favorable (familia, traballo...) pero infelicidade ao fin e ao cabo: unha "mentira vital" coa que debe convivir cada día que se ergue e cada noite que remata bañándose en alcol.
Non agardedes unha lectura doada: a prosa de Solstad é obsesiva e mesmo repetidora, precisará da vosa concentración e afondará na posterior reflexión sobre moitos dos temas que trata: traballo, literatura, filosofía, soidade, amor, familia, sociedade... Comprenderemos como este protagonista existencia acaba salaiando e berrando porque a súa vida é a que é, e non é precisamente ningunha bondade, malia o que poida parecer.

Que tes debaixo do sombreiro?

Este documental conta a vida de Judith Scott, unha escultora norteamericana de 62 anos á que lle chega o recoñecemento internacional despois de vivir 36 anos nunha institución psiquiátrica. Judith ten Síndrome de Down e é xordomuda. A súa historia, contada a través da súa irmá xemelga, Joyce, sen discapacidade, é o detonante dunha película que viaxa ó Creative Growth Art Center en California e descobre outros personaxes que como Judith buscan expresarse a través da arte.
¿Qué tienes debajo del sombrero? é unha reflexión acerca do illamento que pode provocar unha discapacidade, e de como a través da arte se consegue restaurar a comunicación.



Vía

13/09/11

Goldfish, historia de un crimen


Brian Michael Bendis é o autor desta curiosa novela negra en formato cómic, Goldfish, Historia de un crimen, publicado por Planeta. Unha obra que me sorprendeu moi gratamente e que require unha especial concentración de lectura para seguir acción e personaxes entre os matices do branco e negro, moi axeitados para o carácter de novela negra que ten o cómic.
No libro hai todos os ingredientes necesarios: estafas, pistolas, malos, rubias explosivas peores cós malos... todo xirando arredor dun só fin: a recuperación do fillo do protagonista.

A viaxe de Hércules

Curtametraxe documental que constitúe unha crónica do achegamento á lingua galega do profesor de química andaluz Domingo Ruiz Pineda. Producida polo IES Perdouro de Burela e realizada por Matías Nicieza. Obra vinculada co Modelo Burela de Planificación Lingüística.




Por suposto, soubendela grazas ao labor incansable da CGENDL.

12/09/11

A Day Made of Glass

Futuro:

Casi



Xa teño falado ben veces deste autor, Manu Larcenet, e xa sabedes canto me gusta. Sendo este un libro ben diferente, Casi, publicado por Bang Ediciones, non queda atrás. Casi é unha obra autobiográfica e "necesaria" para o autor, tal como el nos explica ao comezo, para botar fóra canta rabia sente e acumulou mentres realizaba o servizo militar.
A obra é totalmente diferente porque abandona aquel estilo humorístico doutras obras para relatarnos con crueza o medo, a desesperación, mediante unha obra escura, negra, mesmo deprimente, que reflicte fielmente o seu estado de ánimo.
Se algún de vós lembra este período da súa vida, supoño que podedes sentir o reflexo do espello que vos propón Larcenet. Se non temos esas lembranzas, deixádevos seducir por esta obra. Para min, do mellor do cómic que levo lido ultimamente.



Xogámonos o futuro

Se non se invirte en educación non se invirte no sistema social, onde a educación é un dos piares básicos do futuro.




Vía

11/09/11

Erres

Se onte falabamos de boa publicidade desta adega, seguimos con ela. Dá gusto a creatividade desta xente:

De calquera xeito

Fermosa composición de Composition nº1, o «libro que se pode ler en calquera orde». A preciosista editorial é Visual Editions.



Vía Capítulo 0

Non á violencia contra as mulleres (CCXVI)

10/09/11

Arte con viño

Boa publicidade vinícola da adega arxentina Navarro Correas que explican deste xeito:

"Creamos un Mecanismo robótico automatizado sobre una estructura de 4×2.5 mts donde se encontraban 1000 celdas de acrílico que serian llenadas con 6 tonalidades diferentes de vino, las personas podían pedir una casilla a través de un mensaje de texto así el robot podía llenar cada casilla, al final las personas pudieron recrear el auto retrato de Van Gogh y construir una obra de arte con otra obra de arte, nuestro vino Navarro Correas




Vía Mangas verdes

Unha boa nova e unha mala

Boísimo vídeo de fomento da lectura que "mango" directamente:

Segues aí, Mª Dolores

Non te coñecía. Nin sequera cheguei a maxinarte. Falabamos frecuentemente de libros, de fomento da lectura, de bibliotecas, mesmo de plantas, ata da vida. Prometín ir tomar un café contigo e non o fixen. Non atopei o tempo necesario para ir a Pontevedra. E agora, esa circunstancia pésame e ameázame coma un lóstrego. Faime recapacitar.
O último e-mail quedou sen contestar. Mandáchesme unha foto para que che dixeramos o nome da planta e non nos deches tempo para buscalo. Foi dous días antes de irte. Tan só dous días. Agora queda aí: as túas palabras e o teu interese, embarcada xa nunha nova empresa para a biblioteca. Como permanece todo canto nos deches pero, sobre todo, as túas ganas de vivir. Porque sempre estarás connosco, en cada páxina, en cada poema, en cada proxecto, en cada lector.
O meu cariño e o meu recoñecemento.
A miña aperta para a familia.
E Cunqueiro para tod@s:

Na outra banda dixéronme
os vellos vanse convertindo en arbres
vellos tamén sen follas na cara do sol
agardando sen saber o qué
mudos.

Pro súpetamente unha arbre calisquer
sinte rubir dentro del a seiba dun soño
beira da morte xa pro aínda
morno como o leite da nai.

O soño vai rubindo polas veas da arbre
unha vida enteira que pasa
ate facerse paxaro nunha ponla
un paxaro que recorda canta e vaise
denantes de que todas as arbres morran.

Se eu me fago arbre vella na outra banda do río
e me toca ser a arbre que recorda e soña
ben segura podes estar de que soñarei contigo
cos teus ollos grises como a alba
e coa túa sorrisa
coa que se vestiron os beizos das roseiras
nos días máis felices.

Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentou:
-Calquera día sen decatarse do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma túa a quen despides como unha ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

Álvaro Cunqueiro
Herba aquí ou acolá


09/09/11

Vem aí a Copa Coca-Cola



Vía

La larga sombra



Cando mo regalaron, case non me atrevía nin a abrilo. Folleeino con delicadeza, abraiándome con cada imaxe e con cada frase que lía. Que era isto? Amor? Paixón? Poesía? Realidade? Ciencia ficción?
Josep Solé é autor e ilustrador de La larga sombra, publicado por La menos Cobarde (outra editorial que non coñecía!!!). De verdade que resulta ben difícil falar del. Como describirvos esta mestura de realidade e fantasía, de branco e carne, de romanticismo e decadencia??? É un deses libros-alfaia que gardas nun andel especial, non moi afastado, porque sabes que volverás a abrilo de cando en vez e que sempre nos sorprenderá, porque atoparemos un detalle que non viramos e porque as palabras poderemos interpretalas doutro xeito, alá o noso estado de ánimo...
La larga sombra, fantasía ou realidade, loita entre papel e humanidade, derruba os muros do formato libro para achegarnos murmurios que precisamos oír máis preto e que nos atrapa nas súas páxinas.
Así que tende coidado, podedos quedar prisioneiros alí dentro.

Estar solo es estar sin ti y ver cómo mis manos se convierten en papeles en los que escribo canciones raras que sólo hablan de ti



Quiero deshacerme de esta boca que ahora encuentro desmedida por haber dicho te quiero. Quiero deshacerme de este peso insano que gobierna mi vientre y que te hace estar presente. Quiero deshacerme de rincones de mi alma ensuciados y tristes porque aún te quieren. Quiero deshacerme de un montón de detalles que resultaron tan falsos como los últimos besos que me diste.


08/09/11

Kia Soul Hamster



Vía

Centauros do Norte

Acerta novamente Marcos Calveiro con este libro, premio Raíña Lupa 2010, Centauros do Norte publicado pola editorial Rodeira-Edebé.
Viaxamos con esta lectura ao México de hai un século, un país que vive na pobreza baixo a opulencia duns poucos oligarcas. E é nese México onde Pancho Villa decide intervir. Un home que soña cunhas terras divididas e un país culto, que instaura a revolución para liberar o seu país. E nese soño acompañarano miles de persoas, anceios de igualdade que se solventarán...
Pero sobre todo estará, ou non, ao seu carón, un neno que non ten a ninguén agás a súa música e os seus propios valores, que non sempre coinciden cós do xefe. Un mozo que se namorará, sufrirá e fuxirá buscando outra existencia, e que a atopará tentando ocultar os remorsos desoutra vida vivida.
Como telón de fondo, o cine, unha cámara que non grava os sons pero si as imaxes e que pretenden ser un testemuño desa revolución real que acontece. E que nos dará un final, como cando vemos na gran pantalla ese "The End" que nos fai erguer das nosas cadeiras, para levar na nosa mente as imaxes, as conversas, e revivir aquilo que máis nos impactou. Porque con este libro ocorrerá o mesmo: vivirán os seus personaxes en nós un tempo, soñaremos nós tamén cun país culto (e tanto!) procurando unha revolución silenciosa nun filme que teña asemade un final feliz.
Semella que Marcos Calveiro domina a perfección a relación entre un home con sona e un neno, como xa fixera en O pintor do sombreiro de malvas. Detrás, un exhaustivo exercicio de documentación sobre a época que relata e unha narración que atrapa, cuns personaxes que nos encantan, son as claves da obra. Un libro que necesitará de lectores avezados para gozar plenamente de cada unha das súas liñas, teñan a idade que teñan.
E porque eu amaba tamén os wesntern, tantas horas admirando a súa valentía e as súas batallas, doulle as grazas a Calveiro por esta homenaxe que compartimos.


Pórse no lugar

Porque hai que poñerse no lugar de... neste caso das mulleres:



Vía

07/09/11

Cazadores



Vía Recogedor

Vicio propio

Non me gustou tanto como agardaba cando me deixaron este Vicio propio de Thomas Pynchon, editado por Tusquets. Non quero dicir con isto que non pague a pena achegarse ao libro, sabendo ademais que é o máis accesible deste autor. E aínda sendo así, ben lle cómpre unha lectura ben atenta para non perderse, posto que é unha novela moi elaborada con moitos personaxes -que aparecen e desaparecen por "propia" vontade e con outros reais como as referencias constantes a Richard Nixon ou a Charles Manson-, con moitos escenarios e con moitísimas descricións de cousas que non coñezo nin polo forro. Por suposto, todo moi adobiado con moito sexo, moitas drogas -de todos os tipos- e moito rock & roll. Por suposto, hai que falar do detective, un clásico antiheroe que é en realidade un vello surfer e hippy afeccionado á marihuana, quen semella funcionar só por drogas e sexo pero que en realidade é moi bo tipo.
Unha lectura totalmente diferente deste xénero que está ben coñecer.

… y ahí estaba Doc, sobrio, atrapado en un mal rollo de bajo nivel del que no se sabía salir, dándole vueltas a cómo los Psicodélicos Sesenta, este breve paréntesis de luz, podían acabar finalmente y todo se perdería, volvería a la oscuridad…, a cómo cierta mano pavorosa saldría de la oscuridad y se reapropiaría del tiempo, con la misma facilidad que se le quita un canuto a un fumeta y se apaga para siempre. (p.291)

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.