
Publica Cuatro azules este álbum ilustrado con texto de José Luis Berenguer e ilustracións de Irene Fra: De punta a punta é moi axeitado para o próximo día da Paz, e foi Premio de Mellor Álbum ilustrado 2010 para o Gremio de Libreiros de Madrid. Estamos ante un deses álbums especiais que valoramos como alfaias e que aseguramos son de adultos: un libro que convida á reflexión, un texto escaso que é pura poesía, unhas ilustracións que destilan ritmo e fouteza, que xogan coa perspectiva e a distancia, coas cores. Unha historia que é a de Iraq e que é a de calquera guerra, a dor, a emoción, o ruído, o amor. Un álbum que o rematas e o volves a comezar.
Para gozar.
Para gozar.
Este libro aínda que é un pouco cruel gustoume porque cóntanos a realidade
ResponderEliminarEste conto non me gustou .
ResponderEliminarEste libro gustoume, porque aínda que esteas a moita distancia cando queres a alguén sempre pensas nel por moi lexos que estea.
ResponderEliminareste libro gustoume a forma de contalo pero é moi triste
ResponderEliminareste conto non me gustou porque non o entendin.
ResponderEliminarEste conto non me gustou e é complicado de entender
ResponderEliminarEste libro non me gustou.
ResponderEliminareste conto estivo moi triste, a min gustoume bastante
ResponderEliminareste libro é moi moi triste
ResponderEliminareste libro é moi moi triste
ResponderEliminar