10/01/12

De punta a punta


Publica Cuatro azules este álbum ilustrado con texto de José Luis Berenguer e ilustracións de Irene Fra: De punta a punta é moi axeitado para o próximo día da Paz, e foi Premio de Mellor Álbum ilustrado 2010 para o Gremio de Libreiros de Madrid. Estamos ante un deses álbums especiais que valoramos como alfaias e que aseguramos son de adultos: un libro que convida á reflexión, un texto escaso que é pura poesía, unhas ilustracións que destilan ritmo e fouteza, que xogan coa perspectiva e a distancia, coas cores. Unha historia que é a de Iraq e que é a de calquera guerra, a dor, a emoción, o ruído, o amor. Un álbum que o rematas e o volves a comezar.
Para gozar.

10 comentarios:

  1. Este libro aínda que é un pouco cruel gustoume porque cóntanos a realidade

    ResponderEliminar
  2. Este conto non me gustou .

    ResponderEliminar
  3. Este libro gustoume, porque aínda que esteas a moita distancia cando queres a alguén sempre pensas nel por moi lexos que estea.

    ResponderEliminar
  4. este libro gustoume a forma de contalo pero é moi triste

    ResponderEliminar
  5. este conto non me gustou porque non o entendin.

    ResponderEliminar
  6. Este conto non me gustou e é complicado de entender

    ResponderEliminar
  7. Este libro non me gustou.

    ResponderEliminar
  8. este conto estivo moi triste, a min gustoume bastante

    ResponderEliminar
  9. este libro é moi moi triste

    ResponderEliminar
  10. este libro é moi moi triste

    ResponderEliminar