11/01/12

Marisela e o Roxo


Divertidísimo álbum que publica OQO de Geovanys F. García e ilustracións de André Letria: Marisela e o Roxo xoga cos contos clásicos nun tempo indeterminado e revisita o tradicional amor "cortés" conseguindo un simpático e delicioso álbum que arranca gargalladas e sorrisos en máis dunha ocasión. O resultado é un conto rebelde e comprometido ao mesmo que contemporáneo, ao que axudan as tamén divertidas ilustracións que resultan un xogo máis do libro.
Mesmo vos pode servir como un bo agasallo para o día do Amor que pronto chega...

17 comentarios:

  1. Gustoume moito porque vai sobre o amor, é interesante

    ResponderEliminar
  2. É bonito e recorda moito aos típicos contos de princesas e cabaleiros.

    ResponderEliminar
  3. Este libro era moi simpático trataba de amor, de loitar contra el.... é un moi bo libro.

    ResponderEliminar
  4. É un bo libro. Xa que representa unha historia de amor bastante divertida.

    ResponderEliminar
  5. este libro trata do amor ainda que hai moita fantasía

    ResponderEliminar
  6. Este libro pareceume moy divertido e o que mais me gustou do libro foron as ilustracións.

    ResponderEliminar
  7. este libro está chulo porque trata dun a principe e dua pricesa

    ResponderEliminar
  8. gustoume moito este libro porque e moi romántico

    ResponderEliminar
  9. E un libro que non me gusta moito porque trata dun amor imposible que coma sempre acaba sendo psible.

    ResponderEliminar
  10. Gustoume moito este libro porque se valora o que é o amor de verdade.

    ResponderEliminar
  11. Este conto está bastante ben e íso que non vai co meu estilo.Pero está ben,un 8 sobre 10.

    ResponderEliminar
  12. Este libro gustoume porque è moi bonito e trata do amor

    ResponderEliminar
  13. Este libro gustoume moito porque demostra que o amor non ten nin idade, nin cor de pel, nin ten por que ser só de dúas persoas de sexo oposto... O que realmente é importate é o interior de cada persoa. Un libro moi bonito.

    ResponderEliminar
  14. Este libro gustoume moito porque é coma unha versión moderna dos típicos contos que se len cando somos pequenos.

    ResponderEliminar
  15. É un libro romantico aínda que extraño.

    ResponderEliminar
  16. Está moi ben porque o home loita polo amor, é parecido aos típicos contos de princesas e cabaleiros

    ResponderEliminar
  17. Este libro non me gustou tanto coma os outros pero bueno...e moi romántico e divertido.

    ResponderEliminar