13/02/12

La tercera mañana

Publicado por Tusquets, La tercera mañana de Edgardo Cozarinsky fala de xeito delicado da vida dunha persoa en tres momentos diferentes que resultan estar interrelacionados. Comeza coa adolescencia e o descubremento vital da noite; bastantes anos despois volve vivir un momento nocturno que lle fai reflexionar novamente sobre a felicidade; o último instante da vida que nos trae o libro xa é no declive vital do personaxe, cando xa maior namora dunha moza nova: nós somos as nosas invencións, as nosas vivenzas, os nosos menceres e os nosos ocasos.
O libro lese deseguida, mentres que unha especie de morriña apodérase do lector mentres se pregunta que é a vida e se temos o control da mesma.
Curioso resulta o cambio do eu narrativo a unha terceira persoa que vén sendo a mesma persoa pero que se distancia de si mesmo para verse dende fóra e analizar mellor os acontecementos da súa vida.

A veces me pregunto si tantas decisiones irracionales, o meramente impulsivas que iba a tomar más tarde en mi vida, decisiones ajenas a todo cálculo, malhumores o entusiasmos a los que iba a entregarme sin reflexión, con temeridad más propia de un adolescente que de un adulto, no fueron gestos tardíos para purgar la amargura de aquel amanecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario