20/02/12

O paraugas amarelo


A editorial Kalandraka achéganos este fermosísimo libro de Joel Franz Rosell cunha ilustracións inesquecibles de Giulia Frances: O paraugas amarelo. Un libro que fala de liberdade e do dereito a sermos diferentes. Debemos ser como os outros cren ou mandan ou temos a capacidade de discernir e de loitar por aquilo que cremos máis xusto? Podemos fuxir do destino e realizar os nosos propios soños? Podemos ir por un camiño diferente ao trazado?
Se o texto ten moito que dicir as ilustracións son escandalosamente perfectas: reflicten en todo momento o ánimo dun paraugas que destaca pola súa cor nun mundo gris... ata que deixa de selo.
Naquela época todos os paraugas eran de cor negra, parda ou, se acaso, azul de Prusia ou verde escuro. Así que, cando na fábrica apareceu aquel paraugas amarelo, todo o mundo ficou pampo. Un paraugas de semellante cor non estaba previsto na programación nin nos catálogos nin nos pedidos…

9 comentarios:

  1. Unha vez maís, un acerto da editorial galega

    ResponderEliminar
  2. Este libro está ben, é chulo e entretido.

    ResponderEliminar
  3. Este libro demostra que non que nos levemos polo que a xente quere que sexamos senón polo que nós queremos ser.

    ResponderEliminar
  4. gustoume moito un conto divertido.

    ResponderEliminar
  5. este libro cóntanos a historia do paraugas que aínda que non fagas o uso que tes preparado podes ser moi feliz

    ResponderEliminar
  6. Este libro quérenos dicir que o noso futuro non está escrito que o podemos cambiar cando o queiramos

    ResponderEliminar
  7. Este libro dinos que o destino non se pode cambiar pero podemos ser felices

    ResponderEliminar
  8. este libro vai moito do racismo, non me gustou moito

    ResponderEliminar
  9. Estivo bastante entretido, aínda que non se poidan utilizar algunhas cousas pódese darlles outros usos

    ResponderEliminar