22/02/12

Un hombre sin cabeza

Etgar Keret é o autor deste orixinal recopilatorio de relatos Un hombre sin cabeza publicado por Siruela. Como todo libro destas características, uns contos gustan máis ca outros. Pero en todo o libro destaca unha certa orixinalidade nos temas de sempre, aqueles que afectan directamente ao Home, indo dende o surrealismo máis puro ata a realidade máis cotián. Ao mesmo tempo, o autor critica a súa propia cultura e a sociedade na que nos movemos, ás veces cun corrosivo humor negro e outra veces con comentarios directos, pasando polo absurdo máis discreto. E todo isto nun Israel actual que se fragmenta nos 34 relatos do libro coas súas propias contradicións. Son estas as que subliñan o carácter dos personaxes, principalmente masculinos, normais ou non en situacións que se afastan, dende logo, da normalidade máis absoluta, ou da que nós entendemos como tal.



Ningún comentario:

Publicar un comentario