15/03/12

A caricia da bolboreta


Tenrísimo libro de Christian Voltz publicado por Kalandraka no ano 2008: A caricia da bolboreta aborda o tema da morte con delicadeza, humor e ironía. As ilustracións son diferentes, con collage e debuxos para presentarnos a esa figura desaparecida pero presente polo amor. Só cunhas liñas e unhas figuas as ilustracións conseguen máis cás palabras.
Non o coñecía, e encantoume.

“Dime, avó, onde está a avoa?
Iso, meu neniño... Hai quen di que está baixo a terra, cos vermes e coas miñocas... Mira ti! Co medo que lle daban a ela os bichos!
Outros pensan que está alá arriba. Voando entre as nubes... Cos seus oitenta e cinco quilos! Ho! Ho! Ho!
Pero, eu ben sei... que non está tan lonxe!”

8 comentarios:

  1. este libro estivo ben pero non me gustaron moito as ilustracións

    ResponderEliminar
  2. este libro é un dos que nos intenta ensinar que non lle hai porque ter medo á morte

    ResponderEliminar
  3. Gustoume, porque aínda que ela morrera, el seguia falando dela e acordándose dela como se nunca se houbera ido.

    ResponderEliminar
  4. este conto estivo moi ben, gustoume a súa historia e as ilusracións non me gustaron moito

    ResponderEliminar
  5. Deste libro o que menos me gustou foron as ilustracións.

    ResponderEliminar
  6. Este libro está ben para explicarlles aos nenos como é cando morre un ser querido.

    ResponderEliminar
  7. Este libro intenta explicarlle ao seu neto a morte de súa avoa e que nunca se separará dela aínda que xa non estea con el

    ResponderEliminar
  8. está moi ben porque o avó lle explíca ao neto que a avoa aínda que morrera estaba presente.

    ResponderEliminar