20/03/12

Madlenka


Da editorial Lumen este fermoso álbum de Peter Sís cunha década de vida e que eu, ai de min!, veño de descubrir: Madlenka é un libro intercultural posto que a nena, dando un paseo pola rúa onde vive, poderá viaxar e falar cun francés, un indio, un italiano, unha alemá, un latinoamericano, un africano e unha asiática. As ilustracións, o prato forte do libro, lévannos a cada lugar de onde son os personaxes, xogando coa tipografía e as formas dentro do libro: alí teremos aspectors importantes da cultura, tradición, historia e literatura, todas elas ventás polas que mirar con respecto e ilusión.
Unha sociedade enriquecida por ter estas portas ao noso carón, que aproveita as diferenzas como xeito de nos enriquecer culturalmente.


9 comentarios:

  1. Este libro era algo enrevesado, pero estivo ben e foi bonito. Que sorte tivo a nena que foi dar un paseo por todo o mundo sen saír do seu pobo.

    ResponderEliminar
  2. Deste libro o que máis curioso me pareceu foi a forma de lelo.

    ResponderEliminar
  3. Este libro foi bonito, as imaxes son preciosas e os veciños moi encantadores

    ResponderEliminar
  4. Este libro é moi bonito e ten unhas ilustración moi boas

    ResponderEliminar
  5. Este libro está moi ben era peculiar como estaba escrito e o contido moi ben non saíu da súa mazá e porén percorreu moitos sitios a través dos seus veciños

    ResponderEliminar
  6. foi divertido porque lle había que dar moitas voltas ao libro

    ResponderEliminar
  7. Este libro estivo ben, gustoume moito a curiosa forma que ten de lerse.

    ResponderEliminar
  8. este conto estivo moi ben, gustoume moito como estaba feito

    ResponderEliminar
  9. este libro mola moito, sobre todo pola forma en que está escrito

    ResponderEliminar