19/03/12

Os creadores de Basilius en Forcarei

O martes 6 deste mes recibimos a Fernando M. Cimadevila e Iván Valladares, autor e ilustrador d' O mundo secreto de Basilius Hoffman. Falaron connosco do proceso de creación do libro, centrándose sobre todo na creación das imaxes, a complicidade entre ambos e das futuras entregas.

22 comentarios:

  1. esta charla foi algo aburrida aínda que os tipos eran graciosos

    ResponderEliminar
  2. esta actividade estivo ben, eran bastante divertidos e botamos algunhas risas

    ResponderEliminar
  3. esta actividade estivo moi ben e foi moi entretida malia a que estivemos só unha hora

    ResponderEliminar
  4. a actividade estivo ben, os debuxos sobre todo eran moi bos.

    ResponderEliminar
  5. O tipo debuxaba moi ben pero foi bastante aburrida.

    ResponderEliminar
  6. Esta charla estivo ben entretida,e o libro estivo moi interesante.
    Debuxaban moi ben,e eran bastante graciosos.

    ResponderEliminar
  7. O que máis me gustou de todo foron os debuxos, pareceume todo moi chulo.

    ResponderEliminar
  8. Debuxaban moi ben e rímonos bastante.Foi moi pouco tempo,pero,debuxaban moi moi ben.

    ResponderEliminar
  9. Esta charla foi moi entretida porque o pasamos moi ben e o libro foi mellor que lin ata agora e fíxome moita ilusion que me firmara o libro

    ResponderEliminar
  10. Gustaŕonme moito porque eran oi divertidos e os libros de fantasías gustanme moito

    ResponderEliminar
  11. Esta actividade foi boa. E os debuxos eran moi bos tamén

    ResponderEliminar
  12. este libro é un pouco grande pero gustoume trata de accion e aventuras

    ResponderEliminar
  13. Ensinounos uns debuxos e eran fermosísimos xa que parecía que necesitaba moito tempo e empeño.

    ResponderEliminar
  14. estivo moi ben a charla, é moi divertida.

    ResponderEliminar
  15. Este libro estivo moi ben e a explicación dos escritores sobre como fixeron os libros tamén, xunto coas ilustracións.

    ResponderEliminar
  16. Martin Arosa Sineiro 2ºA15 de xuño de 2012, 09:13

    Foi a única charla que NON me gustou porque viñeron ó centro sen preparar nada.

    ResponderEliminar
  17. Non estivo mal pero como os autoren non tiñan experiencia en ir aos centros aburriume un pouco.

    ResponderEliminar
  18. Estivo moi ben, eran moi graciosos e os debuxos eran xeniais.

    ResponderEliminar
  19. A charla foi algo aburrida, e o libro era algo grande pero gustoume porque trataba de acción e aventuras.

    ResponderEliminar
  20. A min gustáronme moito os seus debuxos e tamén o libro, ademais fixemos algunhas risas.

    ResponderEliminar
  21. Esta charla estivo entretida e o libro estivo moi ben pero as súas ilustracións aínda mellor.

    ResponderEliminar
  22. Encantoume a súa visita xa que este foi o mellor libro que lín na miña vida e tamen me gustou que mo firmaran porque así teño un recordo da sua visita, espero que fagan xa o segundo porque teño moitas ganas de lelo...

    ResponderEliminar