17/03/12

Rapuncel



Tod@s coñecemos este conto que os irmáns Grimm publicaron en Alemaña en 1812 e que agora podemos gozar nesta versión de Iratxe López de Munáin que nos ofrece a editorial OQO: Rapuncel toma o seu nome da hortaliza de follas azuis que podedes ver ben nas gardas do libro. A pesar de coñecermos a historia, seguro que vos gustará este álbum que vos propoñemos hoxe, xa que as ilustracións son "modernas", actuais, os personaxes viven entre nós e son universais, polo que os máis pequenos, ao contemplalas, non sentirán que se afastan no tempo senón que a atmosfera lles pertence.



8 comentarios:

  1. este libro xa o sabía, entón non me gustou moito.

    ResponderEliminar
  2. este é un dos típico libros que che len de pequeno, é moi bo

    ResponderEliminar
  3. estivo ben, aínda que este é un dos contos de toda a vida

    ResponderEliminar
  4. Este conto gustoume, aínda que eu xa o sabía porque xa mo leran.

    ResponderEliminar
  5. Este libro está ben, aínda que foi algo triste pero ao final acaba ben.

    ResponderEliminar
  6. este libro non me fixo moita graza porque xa o coñecía

    ResponderEliminar
  7. Este conto conta unha historia moi bonita de amor aínda que a bruxa se impuxo o amor venceu

    ResponderEliminar