31/03/12

Rosalie Blum




Hai tempo que tiña apuntado este cómic para ler e agora, grazas ao mes do Cómic no centro, tiven oportunidade de acceder a el. Son tres entregas as que realiza Camille Jourdy baixo o título de Rosalie Blumm publicado por Ediciones La Cúpula. Unha obra tenra, deliciosa, onde o lector vai deslizando suavemente a lectura mentres vai descubrindo as obsesiones e as verdades a medias que se ocultan tras os personaxes. Algúns personaxes secundarios son realmente apaixoantes, como a nai do protagonista, muller totalmente posesiva e escandalosamente fascinante. Con sorpresas e xiros, baixo unha historia aparentemente sinxela agóchase unha boa obra. E baixo esa aparente anomalía, o sentido e a eterna pregunta: Que a vida? Que fago con ela?
Iso si, pensade que hai que ler os tres tomos. Un só e quedariades totalmente descolocad@s e ansios@s...


5 comentarios:

  1. Non é cómic infantil, se é o que preguntas. Pero o alumnado maior pódeo ler perfectamente. Coma sempre, depende, xa sabes que isto das idades é moi relativo... pero a partir de 3º de ESO non terán problema.

    ResponderEliminar
  2. Da banda deseñada que lin nos últimos meses Rosalie Blummm é un dos meus preferidos.

    ResponderEliminar
  3. Que ben, Anxo, volvemos coincidir! Si, a min tamén me gustou moito.

    ResponderEliminar