01/03/12

Un can e un gato


Con texto de Paula Carbonell e ilustracións de Chené Gómez publica OQOUn can e un gato. Un título que non oculta o que imos topar. Fixémonos na portada: ambos están afastados por un abismo difícil de saltar/salvar. Un can e un gato é, na nosa cultura popular, espello do odio entre razas: "lévanse coma can e gato". E a autora xogará con esta frase feita e esquemática para ir máis alá, a un entendemento que sempre é posible grazas á linguaxe: é esta a ferramenta axeitada para comunicarse, para unirse e renunciar ao afastamento que provoca o non entendemento.
As ilustracións son moi axeitadas para os máis pequenos, resaltando o fondo branco que se emprega en todas elas.

9 comentarios:

  1. Este libro non me gustou moito porque pareceume algo infantil, pero é gracioso.

    ResponderEliminar
  2. Este libro é espetacular, encantoume que ao final se levaran ben a pesar de ser diferentes

    ResponderEliminar
  3. Este álbum e moi bonito e reflicte moi ben e por moi diferentes que sexamos podémonos levar ben..

    ResponderEliminar
  4. este libro fálanos de como un gato e un can forma unha amizade aínda que anteriormente pelexaran

    ResponderEliminar
  5. Este libro é super cuco, é moi bonito, ten unhas ilustracións moi simpáticas e ensina que aínda que sexamos persoas diferentes se realmente se busca algo de verdade podemos conxeniar.

    ResponderEliminar
  6. este libro ensínanos como unha parella tan difícil como o can e o gato poden gostar de amizade e así todos poden levarse ben

    ResponderEliminar
  7. A min gustoume este libro porque foi bastante divertido.

    ResponderEliminar
  8. este libro pareceume un pouco infantil

    ResponderEliminar
  9. Este libro non estivo mal ,aínda que é máis ben para rapaces pequenos.

    ResponderEliminar