08/04/12

Árbores no camiño


Lectura moi acaída para estes días de incendios e fragas, Árbores no camiño é a última novidade de OQO, con texto de Régine Raymond-García e ilustracións de Vanina Starkoff. Un neno que se perde non é argumento audaz nin novidoso. Si que o é cando este é axudado pola natureza, polas árbores que lle proporcionarán un murmurio de voces indicadoras do mellor camiño. Nunha metáfora marabillosa da importancia das árbores e do respecto á natureza o álbum amosa como a reciprocidade natureza-humanidade debe ser total: ningunha é quen de subsistir sen a outra. E iso é algo esencial que debemos aprender dunha vez por todas, antes de estragala por completo.
As ilustracións tan coloristas son un complemento esencial para determinar os estados de ánimo do neno protaonista.


Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe:
Vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai.
A Karim fíxoselle un nó na gorxa
e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes.
Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver.

25 comentarios:

  1. A vostede por escribir relatos tan fermosos.

    ResponderEliminar
  2. Este libro é moi bonito e reivindica a importancia de salvar a natureza e que temos que coidala.

    ResponderEliminar
  3. Este libro é unha metáfora para que a xente tome conciencia para que coide a nosa natureza

    ResponderEliminar
  4. Este libro estivo ben, foi bastante entretido.

    ResponderEliminar
  5. este libro pareceume que estivo moi ben, cóntanos a importancia da natureza

    ResponderEliminar
  6. este libro non me gustou moito porque o neno falaba coa árbore

    ResponderEliminar
  7. é un libro moi entretido pero por desgraza da vida real aída hai moito diso

    ResponderEliminar
  8. mediante este libro trátanos de ensinar unha metafora do que está a acontecer hoxe en día nos montes galegos, o libro gustoume

    ResponderEliminar
  9. Este libro é bonito é mostra que a natureza e algo moi importante e que hai que coidar as árbores e non destruílas, porque así sen decatarnos destruímonos a nós mesmos.

    ResponderEliminar
  10. Eu son o autor e eu gracias a todos polas súas amables palabras no noso disco

    ResponderEliminar
  11. Grazas, Regine, por seguirnos novamente. A verdade é que un álbum do que tod@s gostaron.

    ResponderEliminar
  12. Este libro gustoume moito porque nos ensina que hai que cuidar a natureza.

    ResponderEliminar
  13. O libro é bonito porque trata dun rapz que se perde e a natureza lle axuda. Mostranos a importancia da natureza por medio de moitas metáforas.

    ResponderEliminar
  14. Este libro gustoume moito e creo que deberíamos coidar máis o planeta...

    ResponderEliminar
  15. É unha gran metáfora sobre a importancia das árbores que en Galicia non se está a respectar.

    ResponderEliminar
  16. É un libro que indica a importancia da natureza e como nos axudan as plantas dandonos os seus froitos e convertendo o dioxido de carbono en osíxeno.

    ResponderEliminar
  17. Este libro é bonito e mostra que a natureza é algo moi importante e que hai que coidar as árbores e non destruílas, porque asi sen decatarnos destruímonos a nós mesmos.

    ResponderEliminar
  18. Este libro ensinanos que a natureza é moi importante e,se nos non a destruimos,ela danos todo o necesario para a vida.

    ResponderEliminar
  19. O libro está moi ben porque o neno dáse de conta que a natureza é moi importante e que hai que coidala.

    ResponderEliminar
  20. Este libro está moi ben, fainos entender que hai que coidar a natureza o máximo que poidamos.

    ResponderEliminar
  21. Este libro creo que o deberían de ler todos, para que saiban a importancia que teñen as árbores, e o pouco que as coidamos, sendo tan importantes como son.

    ResponderEliminar
  22. É un libro moi bonito porque trátanos de decir que temos que coidar a natureza.

    ResponderEliminar
  23. Este liro a min gustoume porque reflexa
    a importancia dos pais

    ResponderEliminar
  24. Este libro é moi bonito e índicanos a importancia da natureza para o noso planeta .

    ResponderEliminar