Gustoume moito este álbum de OQO con texto de Tim Bowley e ilustracións de Natalie Pudalov: Jack e a morte lémbranos que vida e morte son complementarias e que ambras precísanse para teren sentido. Versión dun conto tradicional británico, a morte neste conto non é un drama, senón que con serenidade explícanos que esta é inevitable e mesmo necesaria. As ilustracións magnifican o relatado posto que son poderosas metáforas: chaman a atencións as mans da morte, afastadas do corpo pero pertencentes a ela, ademais de requirir unha dobre atención pola exuberancia detallista que nos agasalla.

este libro é moi triste aínda que moi bonito por intentar que súa nai non morrese
ResponderEliminarEste libro gustoume moito, pero pareceme moi triste que o neno quixera salvar a nai e ao final ela acabara morrendo.
ResponderEliminarEste libro está ben para explicarnos que a morte tamén é necesaria e importante, está moi ben.
ResponderEliminarEste libro fálanos da morte e de que fagas o que fagas non podes escapar da morte, o final ela sempre te atrapa a ti.
ResponderEliminareste libro estivo moi ben polo tema referente á morte
ResponderEliminareste libro non me gustou moito porque ninguén morría
ResponderEliminareste libro aínda que non fala de cousas moi bonitas gustoume como trata de acercarlles ós rapaces a morte
ResponderEliminar