20/04/12

Jack e a morte


Gustoume moito este álbum de OQO con texto de Tim Bowley e ilustracións de Natalie Pudalov: Jack e a morte lémbranos que vida e morte son complementarias e que ambras precísanse para teren sentido. Versión dun conto tradicional británico, a morte neste conto non é un drama, senón que con serenidade explícanos que esta é inevitable e mesmo necesaria. As ilustracións magnifican o relatado posto que son poderosas metáforas: chaman a atencións as mans da morte, afastadas do corpo pero pertencentes a ela, ademais de requirir unha dobre atención pola exuberancia detallista que nos agasalla.

7 comentarios:

  1. este libro é moi triste aínda que moi bonito por intentar que súa nai non morrese

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume moito, pero pareceme moi triste que o neno quixera salvar a nai e ao final ela acabara morrendo.

    ResponderEliminar
  3. Este libro está ben para explicarnos que a morte tamén é necesaria e importante, está moi ben.

    ResponderEliminar
  4. Este libro fálanos da morte e de que fagas o que fagas non podes escapar da morte, o final ela sempre te atrapa a ti.

    ResponderEliminar
  5. este libro estivo moi ben polo tema referente á morte

    ResponderEliminar
  6. este libro non me gustou moito porque ninguén morría

    ResponderEliminar
  7. este libro aínda que non fala de cousas moi bonitas gustoume como trata de acercarlles ós rapaces a morte

    ResponderEliminar