Dozura feita libro. O novo álbum que nos ofrece Kalandraka é iso e moito máis: é amor, é sensibilidade, é un soño... Letras nos cordóns é de Cristina Falcón Maldonado con ilustracións de Marina Marcolin. E detrás desta dozura tan inmensa que comprobaredes só abrir o libro, está o valor da lectura, a importancia de saber, a pobreza que fai chorar e da que se quere saír, a tenrura máis forte... e non poderedes evitar que unha bágoa fuxidía atravese a vosa face, libre, mentres tedes nas vosas mans unhas letras que conforman un álbum, unhas ilustracións que vos apertan... para converter un libro nun feito entrañable de lectura que quereredes compartir.
Open publication - Free publishing

para min este libro estivo bastante ben xa que trata de temas sentimentalistas
ResponderEliminarEste libro é moi bonito,a filla quere estudar para sair da pobreza.
ResponderEliminareste libro non me gustou porque me pareceu algo aburrido
ResponderEliminarEste conto é bonito, pero tamén algo aburrido.
ResponderEliminareste libro non é o que máis me gustou pero pareceume bonito
ResponderEliminarEste libro está moi ben.
ResponderEliminareste libro está ben porque son moitos irmáns, querianse uns ós outros
ResponderEliminarEste libro gustoume moito porque a pesar da pobreza na que viven,son felices e quérense uns ós outros.
ResponderEliminarO libro é moi bonito,porque fala da pobreza dunha familia pobre e filla quere estudar para mestra.
ResponderEliminarÉ un libro que indica a pobreza dos demais e como un quere saír desa pobreza.
ResponderEliminarGústame moito porque a nena quere cumprir o seu soño de ser mestra para saír da pobreza e miseria.
ResponderEliminarEste libro gustoume moito porque é moi bonito.
ResponderEliminarEste libro gustoume porque era unha familia pobre pero que se querian moito e ademais a rapaza fixo felices a súa familia porque quería ser mestra.
ResponderEliminarEsta libro pareceume un libro bastante entretido e tamén algo sentimental aínda que tamén me gustou moito.
ResponderEliminarEste libro está bastante ben xa que a rapaza quere estudar para poder vivir ben no futuro.
ResponderEliminarEstá moi ben, este libro é moi entretido pero eu cambiaríalle o final.
ResponderEliminarA min este libro non me gustou moito pero ensina o interese dunha nena polas letras e de aprender a ler.A nena cando lle dixo a sua nai que quera ser profesora deulle unha gran alegría.
ResponderEliminarLetras nos cordóns narra a historia dunha familia moi humilde que ao dicirlle a filla á nai que quere ser mestra chora de ledicia.
ResponderEliminarTRANSMITE MÁGOA PORQUE MOITAS FAMILIAS VIVEN ESTA SITUACIÓN.
Este é un libro precioso. A nai demostra o cariño pola súa filla coa emoción de cando lle di que quere ser mestra, e nun futuro non ter que vivir na pobreza. :-)
ResponderEliminarnon me gustou porque foi moi aburrido
ResponderEliminarEste libro fíxoseme algo longo, porque aburriume un pouco pero a vez pareceume moi bonita a idea da nena de sacar a súa familia da pobreza converténdose en mestra, que era o que lle gustaba.
ResponderEliminar