14/05/12

E que podo facer eu?


Esta fin de semana que vén de rematar estiven nun cursiño en Santiago onde un obradoiro era impartido por José Campanari, co cal puiden achegarme a todos os seus libros (o meu preferido é Sígueme), pero este, do ano 2008 tamén me gusta moito. José Campanari acompáñase nesta ocasión do ilustrador Jesús Cisneros para publicar en OQO este E que podo facer eu? que fala sobre todo de solidariedade e de esperanza. Dun xeito sinxelo e fermoso lémbranos que hai moito que podemos facer polos demais sen necesidade de sermos heroes, simplemente ser persoas que pensamos e vemos máis cousas que nós mesmos. Así de simple. Así de necesario.


6 comentarios:

  1. Este libro quérenos dicir que hai que ser solidarios coas persoas e axudalas cando se poida. Estivo ben.

    ResponderEliminar
  2. Este libro non estivo mal porque coa súa preocupación puido axudar a moita xente

    ResponderEliminar
  3. este libro é moi divertido e cunhas boas ilustracións

    ResponderEliminar
  4. este libro estivo ben , porque acabou axudando á xente

    ResponderEliminar
  5. este libro fálanos
    da solidaridade...

    ResponderEliminar
  6. Este libro mostra a solidariedade, non estivo mal.

    ResponderEliminar