02/05/12

Eloísa y los bichos


Aínda que é un selo editorial relativamente recente, creo que xa sabemos que cando El Jinete Azul publica un álbum, este vai ser de calidade. Así ocorre novamente con este marabilloso Eloísa y los bichos de Jairo Buitrago e Rafael Yockteng. Un sensible e emotivo álbum para reflexionar sobre a difícil adaptación das persoas a un novo lugar, sexa este unha vila, unha cidade ou un país. Sentirse un becho entre os demais, cando non se coñece a ninguén e só se desexa volver ao lugar de orixe. Vivir na lembranza porque custa adaptarse ao novo medio.
Pero será nesta adaptación onde resida a certeza de seguir vivindo. Será así como pouco a pouco deixaremos de ser eses bechos que afastan para ser un máis, porque cómpre estar aberto a todo o novo e non pecharse no xa coñecido. Porque as novidades tamén poden traer boas e formidables historias que paga a pena vivir.
E se o texto é enriquecedor, mirade as fantásticas ilustracións: acompañaranvos sempre!



7 comentarios:

  1. este libro era raro porque ela representaba aos bichos como discriminadores

    ResponderEliminar
  2. Este libro reflexa o que todas as persoas vivimos ou viviremos varias veces na nosa vida

    ResponderEliminar
  3. este libro non me gustou, pero por desgraza iso pasa moito na sociedade

    ResponderEliminar
  4. Este libro ensínanos o difícil que é para as persoas adaptarse a un lugar e sentirse coma un becho nun lugar onde non coñeces nada nin a ninguén.

    ResponderEliminar
  5. Este libro non me gustou

    ResponderEliminar
  6. Tiña unhas ilustraccións bonitas pero o libro non me chamou moito a atención aínda que trataba un tema moi interesante coma a inmigración.

    ResponderEliminar
  7. este libro non me gustou

    ResponderEliminar