13/05/12

Los pájaros


Tiven a sorte de que me regalaran este precioso álbum en canto me falaron del e antes de velo: está xenial! Publicado por Libros del Zorro Rojo, Los pájaros conta con texto de Germano Zullo coas imprescindibles ilustracións de Albertine
O libro sorprende dende a primeira páxina, a segunda... tres páxinas sen unha soa letra cunhas ilustracións que ocupan as dúas páxinas do libro aberto a modo de cámara fotográfica. Logo, comeza poeticamente o texto: "Algunos días son diferentes"; que será o que vai suceder? E volvemos a ter páxinas ilustradas onde as palabras sobran. Ata que chegamos a "Días que podrían ser parecidos a los demás"... xa estaredes tan enganchados ao álbum que os vosos ollos tentarán captar absolutamente todo canto paxe en cada páxina mentres tentades non apresurarvos para chegar ao final.
Son as imaxes as que nesta ocasión contan a historia mentres que o texto é o acompañante. E o final... emocionaravos.
A persoa que mo regalou aseguroume que os seus sobriños querían lelo e observalo unha e outra vez, fascinados. Non vos equivoquedes: inda que non sexades nenos, pasaravos o mesmo.
Isto é poesía sobre a amizade.




11 comentarios:

  1. ¡UNHA XOIA!. Para min, do mellor que se publicou en álbum nos últimos meses. Efectivamente, EMOCIONA...

    ResponderEliminar
  2. Desde Im-Pulso, grazas pola referencia.
    Unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar
  3. estes paxaros eran moi graciosos porque levantaron ao seu coidador polo aire

    ResponderEliminar
  4. Este libro estivo ben porque reflexa a solidariedade que teñen algunhas persoas

    ResponderEliminar
  5. Este libro estivo moi ben, porque fálanos dos pequenos detalles que a simple vista non apreciamos pero que están aí e pódenos traer sorpresas e alegrías,e as veces ata poden sorprendernos.

    ResponderEliminar
  6. este libro estivo ben, o que máis me gustou foi cando fixeron voar o home

    ResponderEliminar
  7. este conto non me gustou moito, porque eran case só ilustracións

    ResponderEliminar
  8. este libro trata a amizade e a solidariedade está ben

    ResponderEliminar
  9. Este libro fálanos da amizade e do compañeirismo, o señor aprendeu ao paxariño a voar e despois os paxaros axudaronlle a el a voar

    ResponderEliminar
  10. Este libro estivo ben , móstranos que sempre hai que axudar a xente a que aprenda cousas que non sabe.

    ResponderEliminar