Gustoume moito este novo álbum de OQO, sobre todo polas súas delicadas e á vez divertidas ilustracións, máxicas, simpáticas, tenras. Estou a falar de Oso Atrapabolboretas de Susanna Isern e Mariorie Pourchet. O bonito do álbum é que destila bondade por todas as súas páxinas, tanto polas ilustracións como polas palabras e os feitos que alí contan: un oso que tan só quere axudar a salvar ás fráxiles bolboretas, pero que nun determinado momento será que ter salvado por eses case insignificantes seres, e é que a unión fai a forza. Porque a amizade e a bondade son necesariamente as dúas forzas que deberían mover o mundo, este álbum axúdanos a soñar -e a crer- nun mundo mellor, máis xusto e máis solidario.
Oso vivía no bosque.
O que máis lle gustaba era andar de paseo,
botar unha soneca ao pé do lago
coleccionar cousas que atopaba entre as árbores.
Un día apareceu un ganapán no alto dunha rama.
—Que podería facer con isto?


Este libro está moi ben, gustoume.
ResponderEliminarEste libro é moi bonito, que oso mais bo
ResponderEliminareste libro é moi bonito e entretido, mola moito como as bolboretas fan voar o oso
ResponderEliminareste libro cótanos a historia dun oso salva bolboretas que o final acaban salvandoo a el
ResponderEliminareste libro gustoume porque o oso pillaba todas as bolboretas
ResponderEliminareste conto estivo ben e foi entretido , o oso sempre atrapaba as bolboretas.
ResponderEliminarUn marabilloso álbum ilustrado sobre o coidado do medio ambiente (oso pasea polo bosque e vai recollendo os obxectos que persoas desaprensivas abandonan, por consideralas inútiles, mais el vailles dar unha segunda vida ). Pero sobre todo é un libro sobre a bondade, a amistade, a solidaridade e o agradecemento entre seres tan diferentes como poden ser un oso grandullón e unhas fráxiles bolboretas que unindo as súas forzas demostrarán que non existen obstáculos para a axuda cando ésta está guiada polo amor, pola solidaridade e polo agradecemento.
ResponderEliminarAdemáis toda a historia se nos ofrece acompañada dunhas fermosísimas ilustracións que nos dan unha información subliminal que o texto omite.
Un libro moi recomendable