18/05/12

¡Qué viene el lobo!

Cando souben que as ovellas detectives volvían a actuar, fun polo libro. Leonie Swann publica novamente en Salamandra esta segunda entrega titulada nesta ocasión ¡Qué viene el lobo!. Aínda que non me gustou tanto como a primeira novela, botei de cando en vez unha boas gargalladas, porque o que define estes libos é o humor.
Neste caso as ovellas viaxan ao continente por mor da herdanza do seu amo, xa que agora pasa a coidalas Rebeca. No seu novo ambiente comprenden que hai algo que non funciona de todo ben e serán elas as que investiguen o que ocorre. Son máis espabiladas cós humanos e topan a solución.
Xa digo, sigo quedando coa primeira novela, libro que recomendo a todo aquel que teña necesidade de rir e pasar un tempiño ben agradable grazas a estas ovellas detectives.



Ningún comentario:

Publicar un comentario