07/05/12

Ruiseñor



Se dicimos que é de Benjamin Lacombe xa está todo dito, non? Si, estamos ante un novo álbum publicado por Edelvives (volvo reiterar a miña petición de que publiquen na nosa lingua ao igual que o fan nas outras linguas do estado). Así que xa sabedes: unha xoia. O ilustrador Benjamin Lacombe volve a dar voz ilustrada ao texto de Sébastien Perez no que debe ser xa un tándem perfecto: Ruiseñor é dunha delicadeza absoluta dende a tapa, as guardas... todo! Mesmo ten algunhas páxinas despregables!
A poesía como medio de comunicación, como posibilidade para afastar a timidez e a invisibilidade. Porque non son importantes tan só aqueles que chaman a atención. Hai xente que pasea ao noso carón e tamén necesita da nosa amizade. 
Descubride vós este neno que se agocha entre as páxinas deste álbum que, seguro, vos fascinará.





7 comentarios:

  1. Outra vez as ilustracións de Lacombe que tiran o alento

    ResponderEliminar
  2. Este libro estivo ben.

    ResponderEliminar
  3. este libro ten unhas ilustracións moi bonitas

    ResponderEliminar
  4. este libro non o entendín moi ben pero ten unhas ilustracións moi chulas

    ResponderEliminar
  5. Este libro estivo moi bonito, que forma máis especial para comunicarse con outras persoas

    ResponderEliminar
  6. este libro estivo moi ben e as súas ilustracións eran xeniais

    ResponderEliminar
  7. este libro cóntanos unha historia de misterio moi entretida.

    ResponderEliminar