21/05/12

Tres luces



Novela moi curta pero intensa de emocións, Tres luces é de Claire Keegan e está publicada pola editorial Eterna Cadencia. Non se pode ofrecer máis por menos: beleza, potencia, tensión. Como é tan curta lerédela dunha sentada e quedaredes plenamente satisfeitos con esta pequena alfaia. Non hai acontecementos extraordinarios, só cotiáns. Pero será este orballo miúdo o que desvelará o máis importante: o que se debe calar, os sentimentos agochados, a realidade. E é que, finalmente, estamos lendo un relato intimista e mesurado que nos percorrerá por dentro. Porque o pecado é, neste caso, por omisión. A omisión de non lelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario