05/05/12

Una carta para Lily...¡el unicornio!



Se un libro ten as ilustracións de Rébecca Daurtremer está destinado a repousar nos meus andeis. A ingrata sorpresa é que o formato que elixe Edelvives (?)para Una carta para Lily...¡el unicornio! é o de Miniálbum, co cal as ilustracións son menos lucidas e a incomodidade para contalo é evidente. O texto é de Christian Ponchon: un carteiro a quen lle toman moi ben o pelo buscando un unicornio nunha granxa. É moi simpático e o libriño é precioso, pero boto de menos que non teña un tamaño máis axeitado... para min. Todo empequenece, e a letra xa vai custando...

5 comentarios:

  1. Este libro estivo ben e é divertido e entretido.

    ResponderEliminar
  2. este libro é moi divertído e entretido sobre todo polas súas ilustracións

    ResponderEliminar
  3. este libro gustoume porque o cabalo críase un unicornio e púxose un funil na testa.

    ResponderEliminar
  4. Este libro é uns dos álbums máis bonitos que limos, é entretido, divertido e que imaxinación teñen algúns

    ResponderEliminar
  5. gustoume bastante porque por poñerse un funil na cabeza críase que era un unicornio

    ResponderEliminar