24/05/12

A vaca condesa


Divertido álbum que nos ofrece OQO con texto de Juan Alfonso Belmontes e ilustracións de Evelyn Daviddi: A vaca condesa fala da solidariedade entre os animais, da necesidade de respecto entre uns e outros e fala da soidade e da necesidade de cariño e mesmo admiración que podemos sentir. Sen este non somos ninguén. 
As ilustracións son simpáticas, con rasgos moi "humanizadores": zapatos, media, peiteado... todo está en función dun texto que nos recorda que a melancolía e a tristura poden apoderarse de calquera de nós cando deixamos de sentir afecto.

8 comentarios:

  1. Este libro foi entretido, estivo bastante ben.

    ResponderEliminar
  2. Este libro non estivo mal, foi entretido ver como unha vaca se preocupaba por verse guapa.

    ResponderEliminar
  3. Este libro estivo ben, que vaca tan presumida, se son así todas as vacas... mima!

    ResponderEliminar
  4. este libro estivo ben, foi moi entretido e divertido

    ResponderEliminar
  5. Este libro estivo ben, a vaca só quería un pouco de cariño.

    ResponderEliminar
  6. o libro este gustoume porque a vaca era graciosa

    ResponderEliminar
  7. este libro gustoume, é divertido

    ResponderEliminar
  8. este libro estivo ben, menos mal que na realidade non son así

    ResponderEliminar