12/06/12

Artur e Clementina


Celebramos a reedición deste álbum porque hai libros que nunca deben desaparecer dos andeis das librarías e que perduran ano tras ano porque seguen sendo necesarios. Necesario é por tanto falar de igualdade, de muller que non se somete ao home, de liberdade, de crer nunha mesma... un álbum que denuncia a discriminación e combate estereotipos que, desgrazadamente, inda existen. Todo isto se agocha tras estas dúas tartarugas chamadas Artur e Clementina que ideou Adela Turín hai máis de trinta anos e que está ilustrada por Nella Bosnia que publica Kalandraka. Un libro que non debe faltar nas escolas e nas casas para axudar nunha educación igualitaria que debe seguir cada día nunha loita continua, xa que a guerra non rematou nin está vencida.



21 comentarios:

  1. Este libro gustoume, estivo ben. Porque a Clementina acaba fugandose e vivindo a súa vida tranquila viaxando polo mundo.

    ResponderEliminar
  2. este libro falános do machismo dos homes...

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume como reflexión propia e necesaria na que ás veces non caemos por conta propia.

    ResponderEliminar
  4. este libro demostranos que a unha muller non só ai que namorala unha vez senon todolos días e que as cousas cando non se coidan, vanse.

    ResponderEliminar
  5. O libro fala do machismo,e gustoume porque Clementina márchase da casa a vivir a súa vida e pasa de Artur.

    ResponderEliminar
  6. Adrián Villar García27 de outubro de 2012, 15:55

    Neste libro mostrase que o machismo e unha mala opcion xa que as mulleres non estan para ser escravas senon para querelas.

    ResponderEliminar
  7. Tamara Pereiras Villamayor27 de outubro de 2012, 19:47

    Este álbum foi un dos que máis me gustou, xa que normalmente, as historias de machismo teñen un final tráxico, e neste caso, Clementina cánsase de aguantar as humillacións de Ártur, e marcha en busca dun fututo mellor, sen insultos nin infravaloracións.

    ResponderEliminar
  8. Namorar ou someterse ao namorado? Aí fora, o mundo está cheo de oportunidades, de praceres, de sensacións insólitas... Nada nin ninguén pode privarnos á posibilidade de facernos partícipes da vida. Non dependemos de ninguén para percorrer o noso camiño, somentes precisamos a alguén que nos acompañe nel , de forma desinteresada e voluntaria; dende o cariño, non dende a supremacía.

    ResponderEliminar
  9. Este libro en cambio e distino aos demáis que escoitei, xa que nos fala do machismo do mal que o pasaba Clementina ao longo do libro, pero ao final vese que se soubo valorar a si mesma e rematou moi ben o conto.

    ResponderEliminar
  10. Moi bo libro xa que trata sobre o machismo e da forma na que Clementina a Artur para poder vivir sendo normal e non unha escrava.

    ResponderEliminar
  11. Este libro gustoume,xa que aínda que trata o tema do machismo Clementina acaba farta dos insultos e deixa Artur para vivir unha vida tranquila.

    ResponderEliminar
  12. Clementina, unha muller chea de traballos na casa e ordes a seguir, decinde vivir a súa vida tan merecida deixando que Artur se de conta do mandón que estaba a ser, e que as cousas deverían cambiar.

    ResponderEliminar
  13. Cántas veces teremos visto eso de someternos a miles de aberracións por crernos enamorados? Considero que o amor non é dalo todo a cambio de nada; non é intentar facer feliz a unha persoa por encima de todo, cando esa misma persona non ten en conta o que podes sentir.
    Temos que aprender a diferenciar un pouco o que é o amor de comportanmentos anómalomos como este. Suponse que o amor é algo fermoso e non unha tortura a longo prazo.

    ResponderEliminar
  14. Lara Fondevila Calvo14 de novembro de 2012, 11:25

    Este libro contanos como a muller leva esclavizada dende fai tempo e na actualidade sigue pasando. deberían tratar a todos por igual xa que todos somos persoas e non hai distincións entre nós.

    ResponderEliminar
  15. Este libro trata da desigualdade entre o home e a muller.

    ResponderEliminar
  16. Todo conto ou álbum pretende amosarnos algo. Este en concreto dinos que non debemos de aguantar o maltrato, senón que debemos plantarlle cara e decidir o mellor para nós mesmas.

    ResponderEliminar
  17. Neste libro trátase o tema, desgraciadamente tan frecuente, da violencia de xénero, máis común no caso no que é a muller quen se subordina ao home. Nesta historia Clementina, ao principio subordinase a Artur e de verdade pensa que todo o que lle di el é certo, sen pensar nos seus ideais. Pero ao final, Clementina dase conta do que realmente pasa e deixa a Artur.
    Paréceme unha historia que podemos aplicar facilmente á nosa sociedade, xa que quen máis e quen menos coñece un caso semellante.

    ResponderEliminar
  18. Namorarse ten que ser someterse a ordes do namorado? Pois nn, decatámonos polo maltrato que sofre Clementina, onde vemos que moitas veces namorar implica cegarse e por iso, someterse ás ordes do teu amor.

    ResponderEliminar
  19. O principio todo moi bonito, el é moi amabel e ela non se da conta que o que sempre quixo foi sometela, dominala, literalmente como unha serva que o esperase ao chegar do traballo. Canta alegría cando a profesora nos leu que a cuncha estaba vacía! Oxalá moitas mulleres fixeran coma Clementina e dixeran basta!

    ResponderEliminar
  20. Gustoume moito este libro xa que fala do machismo Arthur non lle permitia sair a clementina da casa nin facer moitas cousas que ela desexaría facer . As veces namoramosnos e sometemosnos as ordes do namorado pero esto non debía ser así.

    ResponderEliminar
  21. Relata a violencia de xénero, as cargas que teñen que soportar as mulleres en moitos casos nas súas familias. Polo que acaban desfeitas tanto sicoloxica como fisicamente. Neste conto refléxase cunha tartaruga á que seu home (tartaruga macho) lle fai levar moitos obxectos pero ela consegue escapar das garras del liberarse dos cargos que lle supoñía.

    ResponderEliminar