04/06/12

Book People Unite

Boísima campaña de fomento da lectura á que chego grazas á Caderno da Crítica:
Campaña publicitaria en defensa do libro e da lectura da xente máis nova, en especial a máis desatendida, a través da asociación estadounidense sen ánimo de lucro »Reading is Fundamental» (RIF), que leva traballando desde os anos sesenta nos devanditos ámbitos. A canción que acompaña ás imaxes -todas elas facendo referencia a algúns clásicos da literatura infantil e xuvenil- producírona The Roots e conta coa colaboración de Black, Chris Martin, John Legend, Regina Spektor, Jim James, Nate Ruess, Jason Schwartzman, Melanie Fiona, Carrie Brownstein e Consequence.


2 comentarios: