18/06/12

El día más feliz del señor Pi


Publicado por Océano Travesía, Álvaro Alejandro coas ilustracións de Aleida Ocegueda achéganos o álbum El día más feliz del señor Pi. Un libro para reflexionar sobre a riqueza material e a insatisfacción que esta provoca, a busca da felicidade e do poder ou da posesión, o exceso de consumo e da propiedade privada. Un álbum que declara que a felicidade pode estar e está na ausencia de pertenzas a través do humor, procurando situacións absurdas que fan reflexionar sobre que é máis importante na natureza humana.
As ilustracións son fermosísimas, chaman a atención dende o momento de abrir o libro e quedaredes prendados delas, desprenden vivacidade.

El señor Pi tenía todo: casa, trabajo, novia e incluso un perro.
Sin embargo siempre sentía que algo le hacía falta.

3 comentarios:

  1. Eate libro non estivo mal, porque ten razón no de que para ser feliz non precisas de nada.

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume moito e ten unhas ilustracións moi realistas.

    ResponderEliminar
  3. este libro reflicte que non hai que ter cartos para ser feliz,a riquezanon da a felicidade solo che axuda.

    ResponderEliminar