26/06/12

Eu falarei

Quedei prendada e emocionada con este Lipdub que veño de descubrir. Reproduzo o que din en YouTube:

O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.
Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.

                                                     AVANTE COA LINGUA GALEGA!


 
Parabéns! 
Grazas por tanto traballo non remunerado no Ensino Público!

6 comentarios:

  1. O conserxe está simpatiquísimo. Aúpa Chapela!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa ao IES de Chapela. ¡Canto traballiño aí detrás deses 7:39 minutos!. Con xente así claro que sobreviviremos.

    ResponderEliminar
  3. Ogallá falen todos e todas en galego fóra do lipdub, claro!

    ResponderEliminar
  4. Noraboa! Conseguichedes emocionarme , dende enton falolle galego os meus fillos. Grazas!

    ResponderEliminar
  5. É a mellor noticia do mes! Grazas!

    ResponderEliminar