30/06/12

Hoxe, con Agustín

Hoxe estarei na homenaxe que se lle tributa a Agustín Fernández Paz na Sala Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 26) e logo no xantar organizado no Restaurante Carrís de Vigo. Vou moi leda, por ser unha acompañante máis, porque el meréceo todo, esta homenaxe e moito máis, tanto a nivel persoal (como se porta comigo!) como social. Agustín é un exemplo a seguir, pola fidelidade á nosa lingua e pola súa xenerosidade como persoa. É desas rara avis que só con mirarlle á cara sabes que estás ante unha persoa da que te podes fiar. E iso, na sociedade actual, é moito dicir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario