13/06/12

Memorias de un Hombre en Pijama


Encantoume e divertiume ben este cómic de Paco Roca publicado por Astiberri. Memorias de un Hombre en Pijama foi concibido como unha serie de historietas de humor para o xornal valenciano "Las Provincias", historias autobiográficas cargadas de ironía e reflexións sobre o devir cotián, propio e alleo. A ironía e o sarcasmo conveértense en caricatura divertida e variada, posto que o autor tenta non caer na repetición, abordando diferentes temas como o traballo, a amizada, o amor, a crise dos corenta... o que provoca un sorriso constante no lector.


1 comentario: