11/07/12

A cociña de Toto Murube


Publica Kalandraka este divertimento literario de José A. Ramírez Lozano ilustrado por Pablo Otero: A cociña de Toto Murube son receitas que alimentan con palabras, metáfora perfecta para comer paseniño e degustar cunha dixestión perfecta. Porque a importancia da lectura, das palabras, dos soños convertidos, son o eixo arredor do cal iremos comendo exquisitas receitas para soñar e fartar, porque non só temos fame de comida senón tamén de cultura, e esta é esencial para sobrevivir dignamente.

QUEIXOS VERBALIZADOS PARA TRES: Cóllese o verbo “queixarse” e córtase en tacos. Escóllese despois o presente, que sabe mellor, e recórtanselle os pronomes reflexivos, que son máis amargos. Despois engádenselle unhas anchoas e algo de mala uva, de maneira que resulte: eu queixo, ti queixas, el queixa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario