Un día escoitei a miña compañeira de música falar deste vídeo que logo me enviou na sala de profesores. Cando o vin, pedinlle que me fixese unha introdución para o blogue. A verdade é que Isabel fíxose de rogar, pola súa natural timidez, pero eu sabía que o resultado ía ser excelente. En todo o que fai pon unha total paixón, sexa a lectura, a música, a profesión. Unha paixón auténtica que sempre é envexable. Ademais da súa extraordinaria xenerosidade. E da súa rigorosa formación.
Vaime berrar por poñer o seu e-mail tal cal, pero paga a pena lela en toda a súa extensión.
Gracia pediume que redactase unha pequena introdución a este vídeo.
-"Tres ideas [bueee, aquí en realidade dicías liñas, pero así dáme máis
xogo a min] nada máis, muller"- díxome. Así que me cingo á petición.
Que teñen en común unha canción xaponesa sobre cerdeiras, o grande xenio
do blues B.B. King, unha danza de benvida de Liberia, o solo de
guitarra da canción One de Metallica e o sikku andino?
Esta pregunta pode parecer o comezo dun chiste, pero en realidade o
sorriso só o atoparedes cando vexades o vídeo. A resposta en realidade é
algo máis serio: a escala pentatónica.
E iso que é?
1ª idea. A escala pentatónica é unha escala que só contén cinco notas.
Pensemos na escala europea que todos coñecemos: DO - RE - MI - FA - SOL -
LA - SI, pois o único que temos que facer para obtela e eliminar a 4ª e
a 7ª nota. Fácil!
E cando se inventou?
2ª idea. En realidade non se pode dicir que alguén a inventara, é unha
intuición natural que ten o cerebro humano de que as melodías con esa
escala son bonitas, coherentes e que teñen a lóxica dun principio, un
desenvolvemento e un final. Vamos, que os nenos e nenas ao nacer xa traen de
serie un chip da escala pentatónica no lóbulo temporal dereito do seu
cerebro.
E en que parte do mundo sona?
3ª idea. Pois esto é o que Bobby Mcferrin nos di no vídeo: a escala
pentatónica nace co ser humano, así que sona de forma natural en
calquera lugar onde haxa personas. Independentemente da xeografía, da
cultura ou da educación, o ser humano produce e recoñece melodías
baseada nesta escala de tan só cinco notas. De aí que o público do
Festival de Ciencia non tivera ningún problema para entonar as notas
sobre as que Mcferrin saltaba.
que interesante!
ResponderEliminarEncantoume!! Pa, paa, pa, pa paa, pa paaa, paa,pa Natural!
ResponderEliminarAnxinho, como non che ía gustar! Isabel é unha gran colaboradora!
ResponderEliminar