14/07/12

O peizoque Roque


Publica Galaxia na súa colección "Árbore. Os duros" este fermoso libro de poemas de Dores Tembrás con ilustracións de Xosé Tomás: O peizoque Roque dá vida a un paporroibo que anda á procura da palabra. Os versos que compoñen o libro están cheos de musicalidade e ritmo, como o propio "colage" das ilustracións, un ritmo sustentado na Palabra como eixo e como sustento, posto que este paxariño que adoraredes coa lectura vai atesourando e acumulando palabras que lle ofrece o universo que el coñece e que logo compartirá con seus irmáns, porque son as palabras símbolo de amor e de saber, nesa referencia implícita á cultura que debemos reforzar dende que somos pequerrechos. A palabra como símbolo e como eixo poético. Precioso!
Pero, paro min, as ilustracións quedaron un pouco escuras, non?
E aquí tedes unha montaxe sobre O peizoque Roque realizada nun colexio da Coruña coa propia autora:



Ningún comentario:

Publicar un comentario