01/07/12

Onte, con Agustín



Unha xornada emotiva e ben organizada agasallounos onte a quen asistimos á Homenaxe Nacional a Agustín Fernández Paz, un día completo de acenos, imaxe, música, palabras e sobre todo emocións que gardaremos na memoria como merecido recordatorio a un home que nos arroupa co seu corazón e a súa bondade, ademais de cos seus libros. Nada vou dicir de ausencias significativas, non entendo como non estaba alí todo o país, só quero agradecer aos responsables o traballo tan ben feito que arrincou sorrisos e bágoas constantemente. E quédome sobre todo coas palabras de Xabier Docampo, discurso curto e certeiro que nos puxo os pelos de punta: "Contigo, Agustín, somos nación. O que facemos aquí contigo é facer nación".



Por se fose pouco, levamos de agasallo o relato " Cando nacen as estrelas" (grazas, Xerais) que  Agustín me asinou... e tamén o ilustrador a quen tanto admiro, Miguelanxo Prado. Un día redondo!


Non perdese a reportaxe de Praza Puíblica: http://praza.com/cultura/1417/homenaxe-a-fernandez-paz-lcontigo-agustin-somos-nacionr/

Bragado escribe sobre a homenaxe.

Carme Adán escribe: De palabras e estrelas.

Eiré: A nación e os reféns.

Sermos Galiza.

2 comentarios:

  1. Gústame! (como o botón do face...)

    ResponderEliminar
  2. Claro, como non escriben noutros sitios, agora só sabes darlle ao "gústame"... aiiiiiiiiiiiiiiiiii

    ResponderEliminar