25/09/12

Navega en galego

Copio directamente de Brétemas:

Pincha no careixón para mudar o idioma preferido do teu navegador!


Grazas á renovada e utilísima web de Prolingua, chego a Navega en galego, un blog que axuda a «navegar na web como galegos», que non é outra cousa que utilizar a lingua galega como preferida. Este blog serve tanto para coñecer a estatística do idioma preferido das nosas visitas como para comprobar a configuración da lingua de cada navegador e para galeguizalo, se non se fixera con anterioridade. 
É importante para potenciar a presenza do galego en Internet (mesmo para solicitar a galeguización de programas e utilidades) que os navegadores que utilicemos estean configurados na nosa lingua. 

1 comentario:

  1. Coido que hai algún problema no seu careixón, pois non detecta cando o navegador do seu visitante esta xa en galego...
    un saúdo

    ResponderEliminar