Xusto hoxe, que acaído, preséntase este libro no Multiusos da Xunqueira en Redondela. Que mágoa non poder acudir! Un libro, publicado por Kalandraka, que celebra que unha obra de teatro de monicreques cumpra vinte e cinco anos, fermosamente ilustrado por P. Pastor que utiliza a iconografía clásica do circo e nos transporta a un mundo xa inexistente grazas ás súas imaxes. O texto conta como dous pallasos que "quedan no paro" deciden establecerse cunha compañía de títeres, chea de fantasía e optimismo.
O libro en si é unha homenaxe non só ao mundo dos monicreques senón tamén ao mundo do circo. E unha xusta homenaxe a Tanxarina.
E velaquí tedes tamén o tráiler do documental «25 anos de Titiricircus», producido
e realizado por Fernando ‘Cuchi’ Carreira, documental que tamén poderedes ver hoxe se vos achegades a Redondela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario