21/10/12

A urna dos desexos

Moi acaído para o día de hoxe, tráiovos este álbum de Edicións Embora de hai un par de anos: A urna dos desexos de Paloma Rodríguez e Cristina Justo con ilustracións de Spela Trobec. A urna dos desexos forma parte da colección "A igualdade conta", posto que nel podemos observar como unha familia exerce o seu dereito ao voto, facendo fincapé na figura de Clara Campoamor, quen conseguiu que a Muller puidese votar en España. Un libro para axudar aos máis pequen@s a comprender o que é a democracia participativa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario