23/10/12

Lendo "Os fillos do mar" (II)

Se o outro día amosávabos o alumnado de Bacharelato de Letras lendo este libro que os ten encandilad@s, as nenas do Bacharelato de Ciencias non ían ser menos. Hai que recoñecer que son elasticamente lectoras! Que prodixio de piruetas! Por suposto, asegureilles que ante isto, aínda que suspendan Lingua Galega, teñen o Sobresaliente de Educación Física asegurado!!!


E non só as miñas alumnas son lectoras, senón que tamén unha cadeliña que "adoptamos" no instituto, quixo participar facendo das súas cunha pequena pirueta "lectora". Non sabemos como se chama nin como chegou ata alí, pero converteuse na nosa alumna predilecta. Quen se lle resiste!:




7 comentarios:

  1. Das mellores, Gracia. Aínda que a do can de Ramón Nicolás é dificilmente superable

    ResponderEliminar
  2. Que chulada! E quen puidese facelo! (Eu non, dende logo!)

    ResponderEliminar
  3. Nas que están facendo o morcego os libros terían que estar o revés non?

    (que criticona que son, como se eu o dera feito xD)

    ResponderEliminar
  4. Fastidia darche a razón por ser criticona... pero que se lle vai facer! Non somos perfectas! (e iso que elas si que o intentan!!!)

    ResponderEliminar
  5. Estas nenas van rematar todas no fisioterapeuta! e a cadela tamén tería que ler xa.

    ResponderEliminar
  6. Ai, meu deus... Pero que vos ides matar, criaturas! ;)

    De tantos que son non dou enumerado todos os motivos polos que vos debese dar as grazas, así que permitídeme que de entrada escolla comezar facéndoo polo voso boísimo humor. Non sabedes os risos grandes que me tirastes vendo as vosas fotos... Espero que ao autor non se lle esixan esas mesmas capacidades! (por se acaso, en canto regrese a casa vou falar co meu fisioterapeuta, para ver qué se pode facer!).

    Unha aperta moi moi grande para todas, e grazas por todo. Non deixedes de sorrir!

    ResponderEliminar