Pareceume unha idea extraordinaria este poemario de
Emma Pedreira: o
Libro das mentiras recibiu o
XIV Premio de Poesía Concello de Carral e está publicado por Espiral Maior. A autora reclama no libro un diálogo e unha reescritura dos contos tradicionais infantís:
Cinsenta, Brancaneves, A bela durminte, A princesa e o chícharo, Carapuchiña, Sopa de pedra, Sereíña, Raíña das neves, Sen medo, O traxe novo do emperador, Pel de asno, Libro da selva, Rapunzel... Xa vedes que non falta ningún nesta orixinal entrega chea de reflexións e brillantez. Porque nada é como nos querían facer crer estes contos e é por iso que tantas mentiras tecen un bosque impenetrable onde é difícil ver -e crer- na honestidade da verdade. E isto é o que de amargo se nos ofrece: a negación duns soños que non se sosteñen porque é evidente e doado de demostrar que a mentira tecida durante séculos é fácil de rachar.
SEN MEDO
ante min
só tremen os valentes
e os nus.
Que boa pinta!
ResponderEliminar