29/11/12

Ardalén

Impresionante o último traballo de Miguelanxo Prado, Ardalén, publicado na nosa lingua por El Patito Editorial -sae ao mesmo tempo en castelán-. Un cómic sobre a importancia da memoria, do mundo onírico, da esencia da nosa vida ou da procura da nosa identidade. Pero sobre todo, é un libro sobre a bondade e a maldade, as dúas características humanas que moven o mundo. Como escenario, unha aldea da montaña de Lugo onde poderemos identificar os nosos paisanos facilmente e onde realidade e fantasía forman un tándem perfecto. E neste tándem será delicioso perdernos, nesa mestura de documentos, fotografías, obxectos, narracións ou actas que acompañan os trazos asombrosos do autor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario