Da man de Agustín Fernández Paz, reedita Xerais este Malos tempos para os fantasmas con ilustracións de Patricia Castelao. Un libro que fala de cambios e adaptacións, pero tamén de tenrura e solidariedade, porque ter unha pantasma na casa non é nada malo! Só hai que saber falar, agardar, e ter os ollos e a mente ben aberta! Non chega a ser un libro de misterio, pero ten unha dose del que agradará á xente nova, quen de seguro permanecerá enganchada ata rematar a historia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario