26/12/12

A galiña roxa

Volve ofrecernos a editorial Kalandraka un conto tradicional revisitado. Este lémbranos agora a importancia do sacrificio e do esforzo, do traballo de noso, algo que semella termos moi esquecido na sociedade actual -que só pensa en gañar moito en pouco tempo- e que comprobamos a cotío co noso alumnado. Polo que un conto así para ler aos máis peques vén sendo máis ca necesario. Estamos falando do álbum de Pilar Martínez ilustrado por Marco Somà A galiña roxa. Un relato que deixa ben presentes certas actitude nugallanas e desprezables contrastadas coa única que ten valor: a da paciencia e o traballo que sementa un esforzo e recolle en consecuencia. Un texto, xa que logo, insistimos, que ben nos cómpre actualmente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario