08/12/12

En picado

Hai alguén a quen lle sorprenda esta noticia?: España caeu 14 postos (do 12 ao 26) no índice sobre igualdade de xénero que elabora anulmente o Fondo Económico Mundial para avaliar os países en función do grao de equilibrio social que conseguiron entre sexos.


A  clasificación está liderada por Islandia, Finlandia, Noruega e Suecia. Pero por diante de España están tamén Cuba, Mozambique e Burundi. Coa política actual axiña estaremos a carón de Yemen, por exemplo. Nisto e en tanta outras facetas, que medo dá.


Ningún comentario:

Publicar un comentario