10/12/12

Los zancos rojos


Novo álbum espectacular que nos ofrece Edelvives, novamente pola súa exquisita edición, en gran tamaño, fantásticas ilustracións e texto que convence. Los zancos rojos é de Éric Puybaret e fala dunha cidade anegada onde os habitantes deben andar sobre zancos. Pero máis alá do argumento fala de solidariedade e sacrificio, de amizade e ledicia. Porque ás veces aínda que nos queiramos afastar de todo aquilo que temos ao noso arredor, é mellor mergullarse na realidade social e combater cóbado con cóbado para que sexa mellor. Ou iso constitúe para min a metáfora deste álbum.




Ningún comentario:

Publicar un comentario