Hai xa anos que descubrín unha tenda en Santiago -"Emilio Iglesias" na rúa Frei Rosendo Salvado- que loitaba contra a violencia de xénero. Ano tras ano seguen poñendo o escaparate e parte do local a disposición de Amelia Rivera e a súa exposición artística contra esta lacra. Unha iniciativa que deberían copiar noutras tendas e que admiro profundamente. Grazas, tamén, por mandarme as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario